venres, 15 de maio de 2026

DÍA DA FAMILIA



Con motivo do Día da Familia, os nenos e nenas de Infantil celebramos unha xornada moi especial arredor do conto Familia significa familia, da autora Melissa Marr.

A través desta fermosa historia, falamos dos distintos tipos de familias que existen: familias grandes, pequenas, numerosas, monoparentais, con avós, con irmáns, con mascotas… Descubrimos que cada familia é única e especial.

Despois da lectura, realizamos unha actividade na que cada neno e nena puido representar a súa propia familia, compartindo cos compañeiros e compañeiras como é e quen forma parte dela.

Entre todos e todas chegamos a unha conclusión moi importante: existen moitos tipos de familia, diferentes e variadas, pero o máis importante de todas elas é o amor que se comparte. 




xoves, 7 de maio de 2026

IMOS Ó TEATRO!


Os nenos e nenas de Infantil fixemos unha saída ao Teatro Afundación para asistir á representación da obra "Vuela Pluma", un fermoso espectáculo de títeres que nos fixo reflexionar sobre a importancia da liberdade, a amizade e o coidado da natureza.

Nesta historia coñecemos a un paxaro que vivía “feliz” na súa gaiola ata que, un día, tivo un soño… A porta abriuse e as súas ás levárono na procura doutros paxaros coma el. Ao longo da aventura, fomos descubrindo valores tan importantes como o respecto pola verdadeira natureza dos seres vivos, a importancia de axudarnos uns aos outros e a necesidade de perseguir os nosos soños.

Deixámosvos algunhas imaxes desta bonita saída!!








domingo, 19 de abril de 2026

SAÍDA Á BIBLIOTECA PÚBLICA JUAN COMPAÑEL

O venres pasado o alumnado de Infantil fixemos unha saída á Biblioteca Pública Juan Compañel. Aprendemos como funciona unha biblioteca; como se clasifican e organizan os libros, como facernos socios e o servizo de préstamo de libros.

Ademais, démonos conta de que hai milleiros de libros diferentes, con formatos e estilos para todos os gustos... e todos teñen algo especial!

Para rematar, gozamos dun contacontos con xogo incluído e tamén tivemos un ratiño para explorar e ler os contos que máis nos chamaron a atención. 

Encántanos aprender así!



sábado, 28 de marzo de 2026

BÚSQUEDA DE OVOS DE PASCUA

Hoxe os nenos e nenas de Infantil vivimos unha xornada moi especial. O coelliño de Pascua deixounos preparada unha divertida búsqueda de ovos! Para comezar, tivemos que interpretar un mapa que nos guiaba polo colexio e seguir distintas pistas. Ao longo do percorrido tamén tivemos que superar pequenos retos, nos que demostramos o ben que traballamos en equipo.

Unha vez completadas todas as probas, conseguimos as pezas dun quebracabezas que tivemos que montar entre todos e todas. E cando xa pensabamos que a aventura rematara… chegou a gran sorpresa! Fomos ao patio de Infantil e, despois de buscar un pouco, atopamos a cesta do coelliño de Pascua cheíña de ovos.

Pasámolo xenial, divertímonos moitísimo e, ademais, os ovos estaban riquísimos!








venres, 27 de marzo de 2026

NOVA VISITA DE VIVINDO!

Fai unha semaniña que Vivindo volveu a pasarse pola nosa escola. Primeiro enviounos unha carta onde nos contaba que lle gusta moito a percusión, e nela había unha foto dun músico que tocaba a batería cos pes. Xa nos deixou intrigados toda a semana...

Esta sesión estivo chea de música; cantamos a canción "en mi tribu" facendo percusión co propio corpo, creamos instrumentos nas distintas estacións propostas e fixemos un gran concerto xuntos, dirixidos pola ruleta máxica que nos indicaba que instrumentos tiñan que tocar.  

Ao final, vimos un vídeo sobre un concerto no que participan persoas con diversidade funcional e tamén aparecen imaxes de deportes paralímpicos. Este serviunos para conversar e reflexionar un pouquiño.

Foi un obradoiro cheo de ritmo!!!










xoves, 5 de marzo de 2026

RADIO ENTROIDO

Fai unhas semanas os nenos e nenas de 5º de Infantil fomos á radio a facer un programa sobre o Entroido de Galicia. Aqui volo deixamos! Esperamos que vos guste!








luns, 2 de marzo de 2026

VIVINDO VISITANOS DE NOVO

 VIVINDO fixo con nós un novo obradoiro, con el aprendemos a usar as mans, cantamos cancións usando a lingua de signos, disfrutamos da luz negra con pintura fluorescente creando un ambiente cheo de cor, movemento e ilusión.

Esperamos con inquietude a túa próxima visita.


venres, 13 de febreiro de 2026

MANDATOS DE GAUDILANDRO

 Foi todo un éxito  a participación nos mandatos de Gaudilandro!! Pasámolo fenomenal foi moi divertido.