xoves, 6 de xuño de 2013

A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN. 3 ANOS.

O día 27 de Maio os nenos de 3 anos fixemos a nosa primeira excursión. Saímos cediño do cole con moita ilusión para coller o autobús que nos levou ao Muiño da Regueira. Ali estaba Ventura quen nos amosou como funciona un muiño de auga.
Despois puxemos rumbo á pastelería Massini, pois alí nos estaban agardando para por as mans na masa.
Fixemos croissants, boliños, figuras de mazapán e.... despois de tanto traballar merendamos roscón e chocolate quentiño. Que bó estaba todo! 
Moitas grazas pola vosa desinteresada disposición. Foi un día fabuloso!