xoves, 21 de decembro de 2017

UN XOGO DE ADIVIÑAR: O VEXO VEXO

Con Juan , o pai de Daniela, rematamos as visitas deste primeiro trimestre.
Coa súa axuda conseguimos saber moitas cousiñas da familia de Daniela e tamén aprender a xogar ao "vexo, vexo". Un xogo novo para algúns de nós,  pero... un pouquiño de entrenamento faranos verdadeiros expertos.

Gracias, Juan, pola túa visita.

OS NEMOS DE TERE

Aínda que imos un pouquiño atrasados coas entradas do blogue, non vos preocupedes porque a actividade na clase dos peixiños aínda non parou. De tal xeito que hai uns días recibimos a Tere, a mamá de Nerea, que nos tiña preparada unha agradable sorpresa.
Despois das rutinas diarias, convidounos a facer uns "Nemos", algo moi ben pensado se temos en conta que somos a clase dos peixiños. Tanto nos gustou a idea que rapidamente nos puxemos con todo o necesario para crear os noso "Nemo". O resultado xa loce, ben bonito, nas ventanas da nosa clase.

Mirade que chulada.

martes, 12 de decembro de 2017

RECIBIMOS A MAMÁ DE YAIZA

Hai uns días recibimos a visita da mamá de Yaiza, quen aproveitou para encher a nosa clase cun ambiente verdadeiramente de nadal.
Convidounos a facer unhas postais ben bonitas que cada un de nós decorou ao seu gusto.
Mirade que tempiño tan agradable pasamos, experimentando e compartindo a nosa creatividade con Lorena.

Lorena, moitísimas grazas  por visitarnos.

SEGUIMOS A EXPERIMENTAR

O segundo experimento veu da man  dos nosos compañeiros de catro anos. Nesta ocasión amosáronnos cómo a auga pode mudar de cor empregando un papel determinado.
Grazas aos nosos veciños polas súas achegas e por compartir unha xornada verdadeiramente científica.

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado mes de novembro, co gallo do mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares, aproveitamos para convertirnos en pequenos investigadores e realizar os nosos primeiros experimentos.
O primer experimento foi moi divertido porque conseguemos inflar un globo simplemente mesturando vinagre e bicarbonato. Tan sorprendidos quedamos que lles amosamos o resultado aos nosos compañeiros de 4 e 5 anos.


martes, 5 de decembro de 2017

VISITA DA MAMÁ DE LARA

Xa sabedes que a semana do protagonista complétase coa visita das familias. Desta vez contamos coa presencia de Patricia, a mami de Lara, que nos preparou un super taller de xoiería.
Trouxonos macarróns tinguidos, que primeiramente clasificamos e agrupamos por cores. Despois coa axuda de Patri, elaboramos a nosas pulseiras e colares.

Mil gracias Patri.

DESTA VEZ TOCOULLE A LARA

 Lara foi a nosa segunda protagonista da semana. Agora xa coñecemos un pouquiño máis desta compañeira.
Sabemos por exemplo que lle encanta a cor laranxa, comer arroz ou que Eva e Inés Caride Costas son dúas amiguiñas moi importantes na súa vida.
Aquí tedes un pequeno resumo do que foi a semana.


MAGOSTO TRES ANOS

Aínda que xa pasaron varios días e moitos de vos xa sabedes como nos foi no magosto, ben seguro que algunha cousiña vos queda por ver.
Aquí tedes unha pequeniña mostra dos preparativos, dos xogos que houbo no propio día e do que nos gustan as castañas.

Mirade, mirade...