xoves, 7 de maio de 2026

IMOS Ó TEATRO!


Os nenos e nenas de Infantil fixemos unha saída ao Teatro Afundación para asistir á representación da obra "Vuela Pluma", un fermoso espectáculo de títeres que nos fixo reflexionar sobre a importancia da liberdade, a amizade e o coidado da natureza.

Nesta historia coñecemos a un paxaro que vivía “feliz” na súa gaiola ata que, un día, tivo un soño… A porta abriuse e as súas ás levárono na procura doutros paxaros coma el. Ao longo da aventura, fomos descubrindo valores tan importantes como o respecto pola verdadeira natureza dos seres vivos, a importancia de axudarnos uns aos outros e a necesidade de perseguir os nosos soños.

Deixámosvos algunhas imaxes desta bonita saída!!