Con motivo do Día da Familia, os nenos e nenas de Infantil celebramos unha xornada moi especial arredor do conto Familia significa familia, da autora Melissa Marr.
A través desta fermosa historia, falamos dos distintos tipos de familias que existen: familias grandes, pequenas, numerosas, monoparentais, con avós, con irmáns, con mascotas… Descubrimos que cada familia é única e especial.
Despois da lectura, realizamos unha actividade na que cada neno e nena puido representar a súa propia familia, compartindo cos compañeiros e compañeiras como é e quen forma parte dela.
Entre todos e todas chegamos a unha conclusión moi importante: existen moitos tipos de familia, diferentes e variadas, pero o máis importante de todas elas é o amor que se comparte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario