xoves, 11 de xuño de 2026

PECHAMOS CONVIVINDO CUNHA SESIÓN MOI ESPECIA!

Nos días previos á nosa última sesión de ConVivindo, as nenas e os nenos de Educación Infantil recibiron unha sorpresa moi especial: unha postal de Vivindo. A súa chegada espertou moita ilusión e curiosidade, converténdose no punto de partida dunha xornada chea de emocións, creatividade e recordos compartidos.

                                       

Ao comezo da sesión, visionamos un vídeo elaborado polas persoas de APAMP no que se explicaba, paso a paso, como facer un Vivindo con arxila. A través das indicacións dunha compañeira da entidade, o alumnado puido coñecer diferentes técnicas e consellos para modelar a súa propia figura.

Despois da explicación, chegou o momento de poñer as mans na masa. Con moito entusiasmo, cada nena e cada neno confeccionou o seu propio Vivindo de arxila, seguindo as orientacións recibidas e deixando voar a súa imaxinación. O resultado foi unha colección de creacións únicas, cheas de personalidade e agarimo.

                      







A continuación, realizamos un mural colaborativo coa silueta de Vivindo como protagonista. Nel, o alumnado debuxou aquilo que máis lle gustou das diferentes sesións de ConVivindo e pegou fotografías dalgunhas das actividades que compartimos ao longo destas semanas. Este mural converteuse nun fermoso resumo visual de todas as experiencias vividas xuntos.


Para rematar esta aventura, despedímonos da mellor maneira posible: cun baile final cheo de alegría e cunha aperta ben forte a Vivindo. Un xesto sinxelo pero cargado de cariño que puxo o broche de ouro a unhas sesións nas que aprendemos valores tan importantes como a empatía, o respecto, a inclusión e a convivencia.


Grazas, Vivindo, por acompañarnos nesta fermosa viaxe. Ata sempre! 






luns, 1 de xuño de 2026

MALETA DA SAÚDE

O alumnado do ciclo de Infantil participou nun proxecto sobre a saúde desenvolvido polo profe Martín. A través dunha maleta chea de sorpresas, contos, xogos e actividades prácticas, os nenos e nenas aprenderon a importancia dos hábitos saudables e do coidado do corpo.

Partindo do conto “El botiquín de la doctora Nora”, realizáronse diferentes propostas que permitiron ao alumnado achegarse ao mundo da saúde dun xeito lúdico. Entre elas, aprenderon a curar pequenas feridas, coñeceron os materiais dun botiquín e realizaron unha primeira aproximación á reanimación cardiopulmonar (RCP).

Un proxecto moi enriquecedor que combinou aprendizaxe, curiosidade e moita participación. 

Gracias profe Martín!



MONSTRO DE CORES

 Na aula de 5º de Infantil contamos o conto do Monstro de cores e xogamos un pouquiño coas emocións! 

Gracias, profe Romina, por traernos este xogo tan chulo do Monstro de cores!










venres, 29 de maio de 2026

DÍA DOS MUSEOS

O pasado 18 de Maio celebramos en Infantil o día dos museos co conto El Museo da autora Susan Verde. Aproveitamos tamén para representar a historia e as emocións que a protagonista ía sentindo, xogamos a identificalas con distintas caras de emocións e, por último, creamos a nosa propia obra de arte libremente. 



PROPOSTA MATEMÁTICAS NA CLASE DE 5 ANOS


Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas propostas que imos facendo no noso traballo diario.
Pezas de dominó, números, conxuntos, sumas, volumes...todo serve para prender sempre dunha forma lúdica. 




OBRADOIROS MATEMÁTICOS EN 5º DE INFANTIL.

 Os nenos e nenas de 5º de Infantil estivemos realizando diferentes obradoiros matemáticos ao longo deste curso. Deixámosvos unha mostra de como aprendemos xogando coas mates!!




venres, 15 de maio de 2026

DÍA DA FAMILIA



Con motivo do Día da Familia, os nenos e nenas de Infantil celebramos unha xornada moi especial arredor do conto Familia significa familia, da autora Melissa Marr.

A través desta fermosa historia, falamos dos distintos tipos de familias que existen: familias grandes, pequenas, numerosas, monoparentais, con avós, con irmáns, con mascotas… Descubrimos que cada familia é única e especial.

Despois da lectura, realizamos unha actividade na que cada neno e nena puido representar a súa propia familia, compartindo cos compañeiros e compañeiras como é e quen forma parte dela.

Entre todos e todas chegamos a unha conclusión moi importante: existen moitos tipos de familia, diferentes e variadas, pero o máis importante de todas elas é o amor que se comparte.