xoves, 16 de novembro de 2017

VISITA DOS PAPÁS DE LUCA

O mércores pasado os papás de Luca visitaron a nosa clase rematando a semana do protagonista con dúas actividades: un teatro de marionetas e un baile moi chulo.
Só tedes que ver as nosas cariñas para ver todo o que disfrutamos e o especial que se sentiu Luca.
Noraboa e moitas grazas Marco e Sara.

O PEIXIÑO LUCA INAUGURA UN NOVO PROXECTO: O PROTAGONISTA DA SEMANA

Este curso estamos a desenvolver un proxecto que nos ten entusiasmados. Trátase do protagonista da semana, no que cada un de nós adquire unha relevancia especial contando un pouquiño máis dos nosos gustos, da nosa familia, das nosas experiencias...

Neste video podedes ver como Luca puxo en marcha esta actividade tan chula, mostrándonos e compartindo un pouquiño máis da súa vida e da súa personalidade.

sábado, 4 de novembro de 2017

UN DIA DE MOITO MEDO

Despois duns poucos preparativos chegou o dia do Samain e os de infantil decidimos celebralo dando e pasando moito medo. Organizamos uns estupendos obradoiros onde en pequenos grupos poidemos desfrutar das actividades que para nós prepararan as profes. Unha visita ao túnel do medo deixounos abraiados con búsqueda misteriosa incluida; unha actividade de decoración de adornos propios desta tempada cos que fixemos uns murais aterrecedores; un baile de esqueletes aos que lle pintamos un ollo para colaborar no mural do PDI "Os ollos de Vigo" e o conto "Monstruo sé bueno" serviron para pasar a mañá de xogo que todos estabamos desexando.

venres, 3 de novembro de 2017

NA CLASE DOS PEIXIÑOS PREPARÁMONOS PARA UNHA SEMANA DE MEDO

A semana previa ó samaín estivemos preparándonos para celebrar unha gran festa de medo.
Ambientamos corredores, falamos moito dos nosos medos, ollamos con entusiasmo as cabazas  que ían chegando da casa (fixándonos nos seus complementos, contando os dentes que tiñan, reparándo nas súas bocas, na cor en que viñan pintadas...), fixemos as nosas pantasmas utilizando a técnica do soplo e para rematar compartimos unha xornada na biblioteca cos maiores de 4º de primaria. 
Esta xornada serviunos para coñecer a Edelmiro, un mouchiño xordomudo que ven de chegar  á biblioteca.
Despois de coñecer a Edelmiro e de escoitar o conto de Carabuñas, puxémonos mans á obra cunhas grilandas terroríficas que  nos quedaron ben bonitas.