sábado, 30 de setembro de 2023

UN ANO MÁIS COMEZAMOS VIVINDO A CONTORNA E RECOLLENDO EXPERIENCIAS

 Un novo curso escolar e aquí estamos, tentando achegarvos algunhas das experiencias que imos ter no cole. Estas rutinas do outono son para todos moi importantes...sair ó noso estupendo patio, observa-las árbores, as plantas e mailos bichiños, recoller froitos, secar follas, ollar detidamente os cambios na paisaxe, usar todo o material para os nosos traballos e interiorizar a natureza con tódolos sentidos. E non si? Tamén tivemos tempo de enredar ao noso trasniño na cociña. Nós deixámoslle as froitas recollidas e el agasállanos cunha rica sobremesa! 3, 4 e 5 compartindo primeiro mes na escola e experimentando xuntos!

Ollade aquí algún traballiño

e a nosa degustación do marmelo feito coas froitas recollidas