xoves, 23 de decembro de 2021

ACTIVIDADES DE NADAL

Temos publicado no blog de biblio o vídeo de felicitación e as actividades feitas nos derradeiros días do trimestre nas que participou todo infantil. Deixámosvos aquí o enlace para velas, se non o fixestes xa. 

domingo, 12 de decembro de 2021

ASÍ COMEZAMOS NA CLASE DE 5 ANOS E... CHEGAMOS Ó OUTONO!

 Xa fai uns meses que comezou o curso, sen embargo, aínda non víchedes as nosas caras por esta xaneliña.  Mostrámosvos neste vídeo algúns momentos de como foi o inicio de curso, e algunhas das rutinas e actividades que fomos facendo.

ADIANTE VÍDEO!





sábado, 11 de decembro de 2021

HISTORIAS DE SAMAÍN EN 5 ANOS!

Aínda que xa non é tempo de Samaín, non queremos deixar de mostrarvos as historias que fixeron os nenos e nenas de 5 anos. 

Ese día tocaba xogar e explorar con lenternas de medo. De repente, unha nena propuxo facer historias como fixéramos o ano pasado coa mesa de luz. Todos aceptaron e puxéronse mans a obra. Aquí vos deixamos o resultado. 

DESFRUTADE!!





sábado, 4 de decembro de 2021

MAGOSTO NA CLASE DE 4 ANOS

Este ano, aínda que dun xeito distinto, puidemos celebrar o noso magosto. Equipados con coroas e cornetes de xornal disfrutamos dunha xornada de xogos, baile e papatoria de castañas. Mirade, mirade...!!

venres, 3 de decembro de 2021

SAMAÍN NA CLASE DE 4 ANOS

Aínda que imos con un pouco de retraso mostrándovos o que pasa na nosa clase, coido que nunca é tarde. Desta vez , queremos amosarvos  o que fixemos na semana do Samaín.  Falamos moitísimo dos nosos medos, qué sentimos cando temos medo e como podemos resolvelos.

Ademáis traballamos a artista japonesa Yayoi Kusama, unha apaixoada dos círculos e cabazas. Fixemos unha festaza de disfraces, bailamos, papamos cousas monstruosas traidas da casa e, por suposto, gozamos dunha lectura terrorífica en compañía das nosas compañeiras Paula e Claudia de 5º de E.P

Botádelle unha ollada a ver que vos parece.