sábado, 27 de febreiro de 2021

TRABALLANDO CON ROSALÍA

 Temos xa os traballiños que os nenos e nenas de 4 e 5 fixeron sobre Rosalía de Castro. Podedes velos na presentación que está en fonte dos frades

NOVO VIDEO DOS ENTROIDEIROS DE INFANTIL

 Desta volta tócalle aos nenos de 4 anos! Preséntannos unhas montaxes co que fixeron e co ben que o pasaron.






sábado, 20 de febreiro de 2021

LEMBRAMOS

 Queremos lembrarvos, en especial, as familias dos máis novos, que temos outros dous blogs no centro, así que non esquezades pasar por alí tamén para ver algunhas das cousiñas que facemos. Nos tres blogs publicamos actividades, tamén de infantil, e moitas veces facémolo só nun deles para non repetir contidos.

AGUIEIRA O BLOG DA BIBLIO no que están agora as actividades do Día da Paz e a participación das familias nos proxectos do segundo trimestre.

FONTE DOS FRADES O BLOG DE DINAMIZACIÓN no que estamos agora colgando  as cousiñas da Troula e o Entroido.

Estaremos encantadas de que nos visitedes en todos eles!

mércores, 17 de febreiro de 2021

OS ENTROIDEIROS DE INFANTIL CANTAN E BAILAN

 Os nenos e nenas de 3 e 5 anos erguéronse o venres de entroido moi bailaríns, coma ten de ser! Ollade que ben bailan e desfilan no seu papel de superheroes e superheroinas!. 



"I am a hero" e a canción de Paco Nogueiras "Superheroe"soan de fondo nestas actuacións. As dúas bandas sonoras teñen un uso educativo nas montaxes.