domingo, 16 de xuño de 2019

...MAIO EN 3 ANOS

Maio chegou con tarefas novas que facer. Os mouchiños encargáronnos medir a aula e tamén investigar se había escaiola no cole. Nós fixemos como puidemos e un día a profe Elena quixo axudarnos a medir e trouxo unha cinta moi grande. Nós xa tiñamos unha de Olivia, pero era moito máis pequena. Tamén dous amigos da clase de 4 viñeron contarnos algo da escaiola. Que ben o fixeron.! Coa súa información tivemo-las cousas máis claras.
Despois, os mouchiños  nos pediron unha maqueta do noso patio de infantil, pero aínda non a rematamos.
Os nosos vermes siguen a medrar e comezaron a facer uns casulos moi amarelos. Xa acabando o mes saíu a primeira bolboreta. Estamos moi emocionados!. Agora non para de nacer...xa temos milleiros.!
Un día fomos ao teatro (no cole) e coñecimos a unhas actrices que nos contaron unha historia un pouco estraña, pero pasámolo moi ben.!
O mes pasóusenos ensaiando para o festival e semella que o fixemos moi ben. As fotos do festival tamén están neste enlace.
Ademáis das nosas teimas de sempre, pintamos mensaxes secretas con tinta invisible e probamos a facer nós escaiola, ...a ver que pasaba!. Tamén baixamos ao patio a facer unha foto cos nosos compañeiros. Cando puidemos vela foi unha sorpresa descubrir que  todos formabamos un 50!.

Aínda nos quedan uns días de cole asi que polas fotos de Xuño ides ter que agardar.


APRENDENDO A MEDIR



ESCAIOLA E OUTRAS ACTIVIDADES

...ABRIL EN 3 ANOS

No mes de abril seguimos cos aniversarios e comezamos un novo proxecto adicado aos dinosauros.
Tamén nos visitaron uns avós e unhas avoas que nos presentaron a unha foca moi especial:  Nuka. Encantounos agarimala. 
O mes pasou rápido. O mellor de todo foi coñecer aos  nosos padriños lectores da clase de 5º A. Primeiro tiñamos un pouco de medo, pero despois pasámolo xenial.!


...MARZO EN 3 ANOS

En marzo chegou o entroido. As fotos xa as tedes nos outros blogs do cole, así que aquí non as poñemos xa.
Foi un mes importante porque empezamos a cumplir 4 anos e notouse que xa eramos maiores e que nos fixeramos todos moi amigos.
Un día, de súpeto, recibimos unha caixa misteriosa cunhas boliñas moi pequechas. Tivemos que pescudar que poderían ser aquelas cousas das que saían uns bichiños moi ananos. Había que miralos coa lupa!
Mentres matinabamos nestas cousas,  seguemos a  xogar,  a contar contos, a traballar coa selva e a mellorar nos  nosos  xogos de matemáticas.


...FEBREIRO EN 3 ANOS

No mes de febreiro empezamos a traballar sobre a lúa e o universo. O entroido íase achegando e o tema escollido era o aniversario da conquista da lúa. Que mellor que empezar visitando un planetario que misteriosamente pousou o seu "iglú" na casa de patatín!. Esta viaxe foi xenial!
Despois, trouxemos contos e libros sobre a lúa e seguimos a aprender unha chea de cousas mentres preparabamos o noso disfraz.
Un día coñecemos tamén un peliqueiro e puidemos observar o seu pesado traxe.
Máis adiante, os mouchiños mandáronnos  investigar como era o cole por dentro. Esta foi a tarefa que nos tocou no traballo de "xeolocalización" do PDI e veunos moi ben porque, como eramos pequeniños, non subiramos nunca ós outros pisos. Aproveitamos para facerlle unha visita ós nosos amigos de 5ºB e ve-las exposicións que había nos corredores.
Foi un mes emocionante porque tamén nos visitou o alcalde para inaugurar a celebración do  50 aniversario do cole e aínda que semelle que non nos enteramos de nada non foi así. 
Tamén coñecemos a Rosalía, unha poetisa que falaba dun xeito raro. Mírase que nos gustou traballar con ela porque despois atrevémonos a facerlle un busto con papel de xornal.
Rematamos o mes coa Semana da Troula, que guapos estabamos!... O Entroido chegaba, por fin, e nós tiñamos todo preparado.


COMEZAMOS O RELATO . AULA DE 3 ANOS XANEIRO

Agora que se achega a fin de curso, toca dar conta do que fixemos nestes dous últimos trimestres. Daquela, as vindeiras entradas están adicadas a que desfrutedes coas fotos dos nenos e nenas de 3 anos na súa aula. Din que unha imaxe vale máis que mil verbas. Eu non diría tanto. As fotos non falan, non podedes escoitar os seus risos e os seus comentarios; non queda outra, teredes que lle botar un pouquiño de imaxinación...  Xa sei que eles na casa non contan moitas cousas!.

No mes de xaneiro comezamos o noso proxecto da selva. Nas fotos veredes todo o que foi chegando ás aulas e como empezamos a aprender con elas (e con outras cousas que xa tiñamos). Neste mes chegaron murais de presentación do noso proxecto para as familias, fixemos actividades arredor do conto "Elmer" traballando as diferencias entre as persoas, fixemos o noso traballo para o mural colaborativo e tivemos a nosa primeira semana da froita.