xoves, 16 de maio de 2013

OS DE 3 ANOS VIAXAMOS Á PREHISTORIA

Desta vez os nenos de 3 anos demos marcha atrás no tempo e chegamos ata a prehistoria. Fixemos manualidades coma os homes e mulleres daquela época: sopramos pintura, fabricamos pinturas naturais, fixemos útis de plastilina... e Uxía López amosounos como fabricar unha machada cunha pedra, un pau e unha corda.