luns, 9 de xaneiro de 2017

TAMÉN ENVIAMOS POSTAIS

Esta foi unha das actividades que máis ilusión nos fixo, non só porque era a primeira vez que felicitabamos as festas ás nosas familias, senon tamén porque conseguimos gardar o segredo dalgo tan especial.
Ademáis aprendemos unha chea de cousas como por exemplo que é un carteiro e como traballa, que é unha caixa de correo, un selo,...

ENGALANAMOS OS NOSOS CORREDORES

Este ano para decorar o noso corredor decidimos facer unhas bolas xigantes adornadas con cintas de cores e uns renos coa forma das nosas mans. Xa vistes o resultado, así que agora botádelle unha ollada a todo o proceso de elaboración.

O NADAL CHEGOU A CINCO ANOS

Como ben sabedes o nadal marca o remate do primeiro trimestre escolar. Por iso, chegando ó mes de decembro na clase de cinco anos comezamos a ordenar os nosos traballiños, a facer as nosas portadas e contraportadas, a engalanar os nosos corredores, a escribir a carta dos Reis... e, sobre todo, a gozar desta época tan máxica do ano.
Aquí tedes un pequeno resumo dalgunhas cousiñas que fixemos.