martes, 8 de setembro de 2020

BENVIDA E ACLARACIÓNS

Ola, familias! Velaquí estamos de novo como prometemos! 
Benvidos e benvidas a todos nesta nova andaina! Aos que aterrizades no noso cole por vez primeira, desexámosvos unha boa entrada no ciclo.
Sabemos que vai ser un curso difícil, con moitos atrancos e novidades, pero xa sabedes que imos poñer todo da nosa parte para que esta nova viaxe sexa estupenda para todos. Este blog, cheo de experiencias na corentena, a páxina web do cole e os correos van ser os vehículos de comunicación con todos vós. Estade atentos sempre!

 O equipo de profes de infantil quere facervos unhas aclaracións arredor das máscaras que temos que traer ó cole. Vemos que este asunto xerou un pouco de lío e non queremos que vos agobiedes co tema. Ademais, un erro na confección do texto fixo que, nun primeiro momento, figurase “2 m” na listaxe, en vez do texto completo “2 máscaras”. Ese erro foi corrixido de contado. Pedímosvos un mundo de disculpas.


Aclaramos entón...tódolos días os nenos traerán ó cole 3 máscaras con nome. Unha posta e outras dúas na mochila. Todas coa súa correspondente bolsiña con nome. As máscaras poden ser de calqueira tipo homologado, das que empregades a cotío.
Como unha desas máscaras vai ser usada no recreo, é moi posible que acabe moi sucia. Se enviades máscaras lavables, devolverémolas na súa bolsiña.

 Outro asuntiño é o que teñen que traer o primeiro día de clase:

Os nenos de 4 e 5 teñen que traer:
-merenda
-botella de auga (non vaso)
-gorra con nome, para o patio (irá e virá tódolos días na mochila)
-sobre de plástico para mensaxes (o mesmo que tiñan xa)
-mandilón para a pintura. O mesmo do ano pasado. Gomas nas mangas e no colo.

Os nenos de 3 e 4 poden, se queredes, traer unha muda para deixar na clase. Os de 5 poden traer tenis para cambiar as botas os días de chuvia e deixalas na clase como o ano pasado.

Engadidos á listaxe de material:

Na aula de 3 e 4 anos pídese tamén como material, ademais das máscaras e da caixa de tisúes o seguinte:


3 anos
4 anos
-1 bandexa de madeira
Haina nos “chinos”. Medidas: 34 x 24 aproximadamente. Poñémosvos a foto.
-4 fotos tamaño carnet
-Gorra para o sol
-Un paquete de Toalliñas de bebé
-Mandilón con botóns de calquera cor.

*todo marcado co nome

1 bandexa de madeira Medidas:34 x 24
Haina nos “chinos”. Poñémosvos a foto