domingo, 28 de outubro de 2012

QUEREMOS SABER: O SAMAÍN

Os de 3 anos queren aprender moitas cousas e como non sabían ben que era iso do Samaín decidiron que ademais de pescudar nos libros sería bo preguntarlle aos de 5 anos...é que eles levan ben de tempo no cole!
Dito e feito...como estamos ben pretiño deles chamaron á porta e sentaron connosco para que os axudasemos.







Coas nosas explicacións coido que todo lles quedou moi clariño

SAE A PRIMEIRA MALETA DE ENREDOS VIAXEIROS

Ao mesmo que  cando saiu a mochila, así de contenta vése a Estela por poder levar a maleta de enredos de primeira. Ademais foi unha sorpresa  xa que Elena púxose maliña e non puido ir ao cole.



xoves, 25 de outubro de 2012

SAE A PRIMEIRA MOCHILA

Ollade que contenta marchaba Lucía cando lle entregamos a mochila viaxeira. Pesar pesáballe pero non quixo que ninguen a axudara.





mércores, 24 de outubro de 2012

MOCHILAS E MALETAS VIAXEIRAS

Hoxe, 24 de outrubro, celebramos o día das bibliotecas escolares e facémolo pondo en marcha a primeira mochila viaxeira que irá acompañada dunha maleta de enredos tamén viaxeiros para que a espera (¡somos tantos!) se faga un pouco mais levadeira. Mirade se tivo éxito a idea que antes de que saia a mochila para a primeira casa xa me teñen feito unha lista de outros contidos cos que encher máis mochilas.


Fixemos un sorteo para ver quen ían se-los primeiros en levala e estaban todos a morde-las unllas. Pero...estes foron os 6 primeiros afortunados!.



Os pais non vos preocupedes porque a mochila levará instruccións de uso para que todo o mundo saiba que facer con ela e cando haberá que devolvela.

martes, 23 de outubro de 2012

EMPEZAN A CHEGAR CABAZAS

Empezan a chegar cabazas ás nosas aulas. Ollade que contentos están os de 5 de ter tantas cabazas para adornar e baleirar. E, como todo o que entra pola nosa porta, tamén as cabazas nos están a axudar na nosa "misión" de aprender a calcular. Xa temos 10...e o que poucos saben é que o mellor ainda está por chegar.





Estade atentos as novas que vos cheguen!

venres, 19 de outubro de 2012

LANDRAS MATEMATICAS

Empezamos o curso en 5 anos dándolle un bo pulo ás matemáticas e enseguidiña o outono veunos botar unha man para facer chegar ós nenos a idea de que as mates tamén se disfrutan. A nosa aula chegou un día unha landra que abriu camiño a unha inundación de landras que todos quixemos contar. Cada día un de nós chegaba ao cole con mais landras que o día anterior e mesmo algunha mañá pasamos un bo cacho contando e poñendo o número os paquetes de landras aportados dende varias casas.








Por se non chegaban as landras un caracol deu paso a outro e agora tamén temos inundación de caracois que xas nos custa mais contar porque non paran de moverse... 






xoves, 11 de outubro de 2012

ALGO SE MOVE NA CLASE DE 3 ANOS

Os nenos e nenas de 3 anos acaban de comezar o seu camiño no cole do Párroco Don Camilo, pero veñen con moitas ganas. Por iso estes días estiveron descubrindo una chea de cousas novas. Aquí podedes ver una pequena mostra do que fixeron e o ben que o pasaron, como por exemplo a choiva do outono, as cores das follas, as uvas e… ata atoparon unha viña ao lado do colexio! 


VOLVEMOS COAS NOSAS COUSAS

Parece que foi onte e xa case vai un mes dende que empezamo-lo cole. E, agora que xa todo vai rulando cara a normalidade nas nosas aulas, estamos dispostos a contarvos as mil e unha cousiñas que acontecen nelas...
Nunha primeira ollada poden semellar pouco importantes, pero cada unha delas axuda ós nenos e nenas a ir construindo a súa aprendizaxe. 
Xa sabedes,  pedra a pedra faise o camiño e dende o cole agardamos que nos acompañedes ao longo deste camiño.

Benvidos un curso mais os de sempre e os que vos incorporades agora.!