venres, 12 de novembro de 2021

NOVA COMPI NA CLASE DE 5 ANOS!!

Os nenos/as de 5 anos queremos presentarvos a nosa nova compi. 
Despois de creala estivemos debatindo cal ía ser o seu nome. Houbo unha longa votación e, ao final, decidimos que fose OUTONA, xa que foi na estación do Outono cando naceu. ¿non vos parece boa idea?

Grazas profe Marisol, foi unha idea fantástica!







martes, 2 de novembro de 2021

DESPEGAMOS!!!

 Parece incríbel, pero xa demos comezo a un novo curso. Un curso cheo de cambios, novas aprendizaxes, emocións e moita moita diversión.

Este video é só unha pequena mostra das moitas cousas que se suceden ao longo do día: rutinas de entrada, tarefas do encargad@, diferentes propostas de traballo, xogos no patio, merenda, conto, ás veces algo de relaxación porque estamos un pouco alterados.... e no medio de todo isto sempre hai espazo para celebrar  algún aniversario.