xoves, 26 de marzo de 2020

PROPOSTAS PARA O VENRES 27 DE MARZO


DIARIO DE NAVEGACIÓN 10

ARGALLANDO COA TRIPULACIÓN feminina
Xa enrolastes os homes na tripulación?. 
Pois, veña, imos agora coas mulleres. Igual ca onte temos: capitana, mariñeira, cociñeira, mecánica e ademáis mariñeira con roupa de augas.


De novo tes que imprimir en cor ou en blanco e negro o modelo sen roupa e despois os corpos ou pezas cos que desexes xogar. AQUI tedes todo o necesario.

Con estes xoguetes xa feitos podes igualmente facer coma onte.
XOGAR A VESTILOS. Xa tes bonecos e bonecas para a túa tripulación. Cámbiaos de roupa canto queiras. E non esquezas poñerlle nome. 
XOGAR COS BONECOS Seguir montando as túas historias e creando espacios onde desenvolvelas.

 Lembrade: Non fai falta que imprimades todos, podedes escoller. Se non queredes imprimir en cor deixamos os personaxes en blanco e negro para que os poidas colorear.

-SEGUIMOS CO BONECO DE CARTÓN
Esta era a segunda opción de traballo que tiñamos coa tripulación. Agora toca facer o sombreiro, a camiseta e o pantalón. Quen queira tamén pode atreverse co chubasqueiro e o gorro de agua.
Para facer o sombreiro colleremos unha folla ou un papel de xornal. Podemos pintalo ou non segundo queiramos. Teredes que fixarvos no tamaño apropiado para o boneco que ides facer. (mirade como fixestes de grandes as botas onte) 

Neste vídeo podedes ver unha sinxela maneira de facer o sombreiro.


Para facer a camiseta e o pantalón, debuxade, recortade e coloreade. Tamén podedes aproveitar a roupa que tiñades xa preparada na maleta.
(Os que estades vestindo á vosa boneca facédelle un sombreiro do seu tamaño e un chubasqueiro. Podedes pasar un fío de lana  nos ombreiros e suxeitalo á boneca ou aproveitade a vestila coa súa roupa).
Agora chegou o momento da montaxe. Pegade todo o que fixemos nun carton, compondo a figura. Facédelle os detalles...cara, pelo, o que  vexades que falta.  Recortade ó redor o cartón para darlle forma a silueta. Xa tes un boneco mariñeiro para xogar.

E non esquezades enviarnos ás vosas historias. Encantaranos escoitalas.!


COCORICO



Este é un pitiño moi especial. E especial vai ser tamén como nos acheguemos a súa historia. Imos navegar un pouco por este recurso dixital.

PREMEDE AQUÍ






E como levades moito tempo sentados, veña a MOVER O ESQUELETE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario