mércores, 18 de marzo de 2020

CHÉGANNOS XA FOTOS DAS VOSAS ACTIVIDADES

Que ben. Xa temos fotos para compartir. Para as profes que estamos aquí ó outro lado do ordenador, ainda que non nos vedes, é unha ledicia recibir cousas vosas. Xa vemos que estades consultando as nosas suxerencias. Unha vez máis decímosvos que son só suxerencias. O importante é que se vos vaia facendo máis doado o paso destes días tan aillados e lonxe de tódalas persoas que coñecemos. De certo que con todo, iremos aprendendo moito.

LUCAS DA AULA DE 4 ANOS comparte estas fotos das súas andanzas co "monstro Coronavirus". Coma eles dín con estes podemos estar tranquilos....non contaxian!. Aínda así, seguide lavando as mans ...!. Grazas e agardamos xa máis fotos.!




2 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  2. Que maravilla poder disfrutar dos nosos pequenos artistas, ainda que sexa a través da pantalla. Moito ánimo e seguide asi. Estadelo facendo xenial!!!!

    ResponderEliminar