xoves, 18 de xuño de 2020

...E ATA AQUÍ CHEGAMOS

ÚLTIMA ANOTACIÓN NO DIARIO DE NAVEGACIÓN           DÍA 91

Lembrades, capitáns, que cando comezamos este diario contruimos unha caixa, ou procuramos un caderno, para meter nela todo o que iamos facendo? 
Hoxe é o día de coller tódalas cousiñas e metelas na caixa, se é que as tedes ciscadas por aí. Temos que ter todo xuntiño para poder ir lembrando de cando en vez o camiño que temos percorrido. 
Tamén é o día de volver mirar dentro de nós e apuntar, como tamén faciamos aqueles días difíciles,  como nos sentimos.   Nós sentimos varias cousas a un tempo. Estamos ledas, pero tamén morriñentas por pechar un pouquiño esta ventaniña na que vivimos tantas emocións. Pero non vos preocupedes, desfrutade e xa sabedes que seguiremos estando aí. Agora chega o verán, asi que...

Festaaaa, festaaa...! Vide todos! Hai festa na cuberta! Hai merendola! Bueno que cadaquen traia a súa, pero antes imos xogar!




10 XOGOS NA PRAIA
1-Búsqueda do tesouro.
Podes recoller pedras, cunchas, paus, todo o que se vos ocorra ... As posibilidades son moitas. Despois  podedes debuxar camiños de distintas formas con eles na area e facer composicións con todo o recollido. Igual que temos feito con outros materiais dentro da casa.
2. Búsqueda do tesouro agachado
Podedes escoller un obxecto e xogar a agachalo na area, mentres os outros xogadores contan ata un número con ollos pechados.O primeiro que o atope gaña. Lembrade que hai que seguir tódalas pistas e pisadas na area!
 3. Xogos Olímpicos na area
Debuxade unha liña no chan e retade a todos a dar un gran salto. Quen gañará? Tamén podedes correr na auga e na area. Pensade que outras probas podedes preparar.
4. Petanca
Podedes improvisar unha competición de petanca usando pedras.
5. Bolos
Colocade as botellas de auga baleiras (ou mellor aínda, con só un pouco de auga) sobre a area e xogade a derrubalas cunha pelota ou bolas de area.
6. Circuito de habilidades
Creade un circuito de habilidades: saltar, subir, correr ...
7. Mirar as nubes
Algunha vez xogastes a atopar formas nas nubes? Seguro que sí. Coas formas ou personaxes que descubrides podedes, crear unha historia xuntos. Ademáis serve para relaxarnos despois de tanta actividade.
8. Practicar deportes como: xogar ás pás, ó futbol , ó boleibol, ...
9. Á caza da cuncha .O xogo consiste en marcar un tempo e mirar a ver quen consigue xuntar máis cunchas.
10.Carreira de relevos con cubos de auga. Cada equipo collerá un deles e colocarao a  3 o 4 metros da beira do mar. Despois terán que encher o cubo con toda auga que poidan levar dende o mar dentro das mans.

NO VERÁN...CARDIO PARA NENOS




E...o derradeiro conto deste curso. Desfrutádeo!
PULGA E XIGANTE

Ningún comentario:

Publicar un comentario