sábado, 3 de maio de 2014

MENUDO CUMPLEANOS!

Hai nenos que teñen moita sorte e iso foi o que lle pasou a Roi  este mércores pasado. Quen lle ía dicir a el que precisamente o día do seu cumpleanos era o día escollido para o "Torneo piratas vs cabaleiros". Coa gaña que el tiña de loitar! 
Ademais recibiu un agasallo moi especial da doutora xoguetes...a mesma que arranxara a Mica!
 A primeira hora da mañá fixemos os últimos preparativos  na nosa cova: as bolas de canón que teríamos que disparar contra o castelo dos cabaleiros. Tiñamos bandeira, tiñamos espadas, tiñamos bolas ...ainda que teriamos que disparalas coa man porque non había canóns ¿cousas dos recortes?
Todo o mundo sabe que os piratas non participan en torneos, pero nós somos uns piratas moi especiais que quixemos compartir este xogo cos nosos "amienemigos". Como eles non tiñan espadas, prestámoslles as nosas; e eles prestaronnos os seus cabalos. 
As 12´30, a hora acordada, fitámonos uns aos outros no campo de xogo. (o ximnasio). O torneo tiña varias probas e coido que o final quedamos mais ou menos empatados, pero o mellor é que o pasamos en grande.
Primeiro fixemos unha carreira  a ver quen chegaba antes a coller a bandeira pirata. Ali  gañáronnos os cabaleiros e algúns piratas houberon de repetir o percorrido porque facían trampa.
Despois, loitamos valentemente coas nosas espadas en grupiños de 6. Coido que houbo empate porque os cabaleiros se defenderon moi ben.
A terceira proba foi "roubarlle o pano as princesas e principes". Os cabaleiros tiñan que nos perseguir e recuperar o pano, pero nós corremos moito e resistimos ata o final.
A última proba  foi "o asalto ao castelo" coas bolas de canón. Os cabaleiros devolvíannos tódalas bolas, tirándoas sobre o noso barco; pero esta proba sí que a gañamos porque ó final había mais bolas no seu castelo. (Claro que moitos piratas seguían tirando bolas cando o tempo xa estaba parado. Nótase que aprenderon moi ben cómo se comporta un pirata) 


3 comentarios:

  1. Moitas FELICIDADES, Roi! Inda que con un pouquiño de retraso:-) Qué actividade tan xenial! Hai moitos nenos e nenas ós que lle gustan os contos e historias de cabaleiros e princesas, e non falemos dos piratas... Antía pasou unha semana moi contenta e emocionada gracias a esta aventura, encantóulle!
    Moitas gracias profes!

    ResponderEliminar
  2. GRAZAS! Foi o mellor que lle podía pasar a Roi no seu cumpreanos ^_^

    ResponderEliminar
  3. Moi pero que moi divertida a actividade!!! Felicidades profes!

    ResponderEliminar