mércores, 28 de maio de 2014

ACTIVIDADE FINAL DO PROXECTO PIRATA: A BUSCA DO TESOURO

Nós sempre imos un pouco retrasadiños contando as cousas. E agora que xa somos exploradores estas lerias piratas quédannos un pouco lonxanas. Pero non queremos deixarvos sen a guinda do pastel e aquí vos deixamos as fotos  da busca do tesouro  que por fin despois de moitos días de chuvia puidemos facer no patio. Algun seica pensou que non íamos atopar nadiña, pero...que sorpresa levamos todos. Claro que co mapa que levabamos...Mirádenos como desfrutamos das xoias, coma se fosemos piratas de verdade!. Ah e que ben seguimos as pistas! Tanto nos gustou que quixemos seguir as pistas ao revés para poder volver á clase e enseguidiña fomos contarlle todo os compis de 4 anos.


1 comentario:

  1. ¡Pero qué profesionais estes piratas! ¡Xa quixera Barbaroja ou Francis Drake un tesouro así ;-) !Un proxecto xenial para os cativos. Noraboa.

    ResponderEliminar