luns, 28 de outubro de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS EN INFANTIL

O pasado 14 de Outubro conmemoramos o Día das Escritoras. 

En Infantil, tivemos un xenial contacontos organizado polas alumnas de 6º de Primaria, no cal nos narraron a vida da escritora Gloria Fuertes. 

Nas aulas aproveitamos para traballar un pouquiño algunhas rimas desta autora e para crear uns póster para compartilos cos demais compañeiros/as. Ademais, participamos nun obradoiro de marcapáxinas na biblio. 

¡Canto aprendimos e que ben o pasamos!






OS NOVOS COMPIS DA ESCOLA

 Xa fai un tempiño que comezamos un novo curso escolar, alá polo mes de setembro, e os nenos e nenas de 3 anos xa están mais que adaptados.

Os primeiros días de escola son un cúmulo de emocións; novas presentacións, algúns medos, xogos e moitas alegrías. 

Aquí vos deixamos un resumo destas primeiras semanas de clase.

Benvidos!!




mércores, 10 de abril de 2024

xoves, 7 de marzo de 2024

NOVAS ENTRADAS NA RADIO

Pasade a escoitar novos contos na aula de 4 anos e o programa sobre o punto lila en 5 anos. Na aula virtual ou no noso canal radiocamilo, no lateral dereito..


venres, 15 de decembro de 2023

4 ANOS NA RADIO. O CONTO DE EVA

 Por se non  escoitastes no outro blog os contos dos nenos de 4 anos na radio escolar, deixámosvolos aquí. Na columna da dereita tedes acceso á canle Radio Camilo onde temos todo aloxado.

 Dá gusto escoitalos e... tranquilos! Pensan seguir contando moitos contos máis. Que ben!

O último hoxe mesmo. Recén saído do forno radiofónico temos o conto de Eva.

venres, 1 de decembro de 2023

PAN DE CABAZA

 Como de certo xa tivestes oportunidade de degustar pasamos a semana facendo pan de cabaza. Comezaron o martes os pequechiños de 3 anos. Enseguidiña poderedes ve-las fotos desta experiencia.

Os de 4 e 5 tiveron que agardar ata hoxe venres e abofé que lles custou moito moitísimo agardar con paciencia estes 3 días.

Amosámosvos as fotos desta estupenda actividade... pegañenta, pero moi divertida e saborosa. Un xeito máis de aproveitar as lambetadas naturais que nos ofrece o outono.