martes, 12 de decembro de 2017

SEGUIMOS A EXPERIMENTAR

O segundo experimento veu da man  dos nosos compañeiros de catro anos. Nesta ocasión amosáronnos cómo a auga pode mudar de cor empregando un papel determinado.
Grazas aos nosos veciños polas súas achegas e por compartir unha xornada verdadeiramente científica.

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado mes de novembro, co gallo do mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares, aproveitamos para convertirnos en pequenos investigadores e realizar os nosos primeiros experimentos.
O primer experimento foi moi divertido porque conseguemos inflar un globo simplemente mesturando vinagre e bicarbonato. Tan sorprendidos quedamos que lles amosamos o resultado aos nosos compañeiros de 4 e 5 anos.


martes, 5 de decembro de 2017

VISITA DA MAMÁ DE LARA

Xa sabedes que a semana do protagonista complétase coa visita das familias. Desta vez contamos coa presencia de Patricia, a mami de Lara, que nos preparou un super taller de xoiería.
Trouxonos macarróns tinguidos, que primeiramente clasificamos e agrupamos por cores. Despois coa axuda de Patri, elaboramos a nosas pulseiras e colares.

Mil gracias Patri.

DESTA VEZ TOCOULLE A LARA

 Lara foi a nosa segunda protagonista da semana. Agora xa coñecemos un pouquiño máis desta compañeira.
Sabemos por exemplo que lle encanta a cor laranxa, comer arroz ou que Eva e Inés Caride Costas son dúas amiguiñas moi importantes na súa vida.
Aquí tedes un pequeno resumo do que foi a semana.


MAGOSTO TRES ANOS

Aínda que xa pasaron varios días e moitos de vos xa sabedes como nos foi no magosto, ben seguro que algunha cousiña vos queda por ver.
Aquí tedes unha pequeniña mostra dos preparativos, dos xogos que houbo no propio día e do que nos gustan as castañas.

Mirade, mirade... 

xoves, 16 de novembro de 2017

VISITA DOS PAPÁS DE LUCA

O mércores pasado os papás de Luca visitaron a nosa clase rematando a semana do protagonista con dúas actividades: un teatro de marionetas e un baile moi chulo.
Só tedes que ver as nosas cariñas para ver todo o que disfrutamos e o especial que se sentiu Luca.
Noraboa e moitas grazas Marco e Sara.

O PEIXIÑO LUCA INAUGURA UN NOVO PROXECTO: O PROTAGONISTA DA SEMANA

Este curso estamos a desenvolver un proxecto que nos ten entusiasmados. Trátase do protagonista da semana, no que cada un de nós adquire unha relevancia especial contando un pouquiño máis dos nosos gustos, da nosa familia, das nosas experiencias...

Neste video podedes ver como Luca puxo en marcha esta actividade tan chula, mostrándonos e compartindo un pouquiño máis da súa vida e da súa personalidade.