sábado, 4 de novembro de 2017

UN DIA DE MOITO MEDO

Despois duns poucos preparativos chegou o dia do Samain e os de infantil decidimos celebralo dando e pasando moito medo. Organizamos uns estupendos obradoiros onde en pequenos grupos poidemos desfrutar das actividades que para nós prepararan as profes. Unha visita ao túnel do medo deixounos abraiados con búsqueda misteriosa incluida; unha actividade de decoración de adornos propios desta tempada cos que fixemos uns murais aterrecedores; un baile de esqueletes aos que lle pintamos un ollo para colaborar no mural do PDI "Os ollos de Vigo" e o conto "Monstruo sé bueno" serviron para pasar a mañá de xogo que todos estabamos desexando.

venres, 3 de novembro de 2017

NA CLASE DOS PEIXIÑOS PREPARÁMONOS PARA UNHA SEMANA DE MEDO

A semana previa ó samaín estivemos preparándonos para celebrar unha gran festa de medo.
Ambientamos corredores, falamos moito dos nosos medos, ollamos con entusiasmo as cabazas  que ían chegando da casa (fixándonos nos seus complementos, contando os dentes que tiñan, reparándo nas súas bocas, na cor en que viñan pintadas...), fixemos as nosas pantasmas utilizando a técnica do soplo e para rematar compartimos unha xornada na biblioteca cos maiores de 4º de primaria. 
Esta xornada serviunos para coñecer a Edelmiro, un mouchiño xordomudo que ven de chegar  á biblioteca.
Despois de coñecer a Edelmiro e de escoitar o conto de Carabuñas, puxémonos mans á obra cunhas grilandas terroríficas que  nos quedaron ben bonitas.

luns, 16 de outubro de 2017

OS PEIXiÑOS DE TRES XA ESTAMOS AQUÍ !!!

Alá polo 11 de setembro escomenzabamos un novo curso dando a benvida aos cativos de tres. Uns peixiños que chegaron ao cole con moita enerxía e que se están adaptando a esta nova andaina escolar, chea de sorpresas, e por suposto, novas aprendizaxes. Déixovos aqui  un pequeno resumo do que foron estes primeiros días.
 BENVIDOS A TODOS!!!
.

venres, 7 de xullo de 2017

PLANTAMOS!!!

Neste cole temos moita sorte de  ter un exterior maravilloso, cheo de árbores e de natureza por todas as partes. Ademáis somos uns privilexiados porque podemos gozar dunha pequena horta que nos permite observar os cambios que o paso do tempo vai deixando en todo aquilo que plantamos.

 Xa que temos este privilexio, decidimos, coa axuda de Sol, a nosa conserxe, aproveitar a oportunidade de plantar  e coidar as nosas plantiñas.

Mirade que ben se nos deu.

luns, 29 de maio de 2017

PETRO QUE?

Entender que son os petroglifos e, sobre todo, pronunciar correctamente a palabra non foi tarefa doada.
Para entender mellor estes debuxos que os castrexos facían nas paredes dos castros, a profe Charo propúxonos facer os nosos propios petroglifos.

Mirade que divertida e sinxela resultou a experiencia.

VISITAMOS O MUSEO LISTE

Para afianzar todo o que estamos aprendendo sobre Galicia, os alumn@s de cinco anos, acompañados polos de tres, visitamos o Museo Liste.
Só vos podo dicir que a monitora do museo quedou moi sorprendida con todo o que sabiamos.

domingo, 28 de maio de 2017

FESTIVAL DE FIN DE CURSO EN INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

Para os que non puidestes desfrutar connosco nesta mañá do festival, deixámosvos algunhas fotos da xornada. Non están "todos os que son" porque non temos fotos dos de 4 anos na súa actuación como piratas, pero podedes velos no seu baile canda os de 3 anos. Foi unha mañá moi especial chea de ilusión e nervios. Ao final todo saiu moi ben e todos puxemos o mellor de nós para lucirnos diante das nosas familias. Os de primeiro compartiron cos pequenos ese tempo de goce...aínda non queren esquecer o ben que o pasaron nesta etapa. E nós con eles!