A semana previa ao Samaín os nenos e nenas de 4 anos adicámonos a preparar a clase e a facer unha momias e gatos terroríficos.
xoves, 12 de novembro de 2015
martes, 3 de novembro de 2015
CELEBRACIÓN DO SAMAIN( 3 anos)
Vimos de celebrar o noso primeiro Samain no cole e queremos compartir convosco os bós momentos que pasamos.
domingo, 4 de outubro de 2015
PERIODO DE ADAPTACIÓN EN TRES ANOS
Novo curso e para ir abrindo boca nada mellor que mirar a estes cativos que deron nesta tempada os seus primeiros pasos no mundo escolar.
venres, 3 de xullo de 2015
BÓ VERÁN
Despois dun ano cheo de cambios e adaptacións, coido que todos temos dereito a un merecido descanso. Grazas a tódalas familias pola vosa colaboura e vémonos en setembro.
BÓ VERÁN A TODOS!!
xoves, 2 de xullo de 2015
CUMPLES DO 3º TRIMESTRE
Despois da excursión quedaban por celebrar os aniversarios dos nenos que cumplen na recta final do curso ou xa no verán. Así que nos puxemos mans á obra: elaboura das coroas, libriños dos protagonistas, colaboración das familias para organiza-la supermerenda que tivemos...Nestas fotos podedes ver as cariñas de felicidade dos protagonistas.
mércores, 1 de xullo de 2015
IMOS DE EXCURSIÓN
Un final de curso non é tal senón hai unha excursión en toda regra. Desta vez todo o cilco de infantil decidimos ir de visita ao monte da Guieira. O certo é que fixo bastante calor pero ainda así aprendemos unha morea de cousas e desfrutamos dunha merecida merenda ao aire libre.
QUE FIGURAS PODEMOS FACER COAS NOSAS MANS E OS NOSOS PES
Está claro que se poden facer un milleiro de
cousas coas nosas extremidades. De feito na clase estivemos a enumerar algunhas
delas. Neste caso eliximos facer un fondo mariño coas nosas mans e unha bolboreta
cos nosos pes. Aquí tedes todo o proceso e na vosa casiña o resultado final.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)