xoves, 28 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O VENRES 29 DE MAIO

DIARIO DE NAVEGACIÓN        DÍA  72
Semella que non tivemos ningún problema co lémur. Hoxe, dende o ollo de boi do noso camarote, non vemos só  un, senon moitos lémures agachados nas pólas das árbores. Aquí en Madagascar hai unha árbore que é moi curiosa. Ten un tronco moi groso e, alá arriba, as pólas. Son árbores que viven moito e despois de moitos anos os seus troncos póñense gordos e con formas estrañas.





FACEMOS UN BAO BAB


Podedes probar a facer esta árbore en plastilina. Por se non tedes, xa vos damos outras opcións.
Coa plastilina podedes seguir as instruccións do vídeo ou facelo vós aproveitando tamén unhas poliñas que traiades do paseo. Pincharíadelas no tronco de plastilina, arriba de todo, e na punta colocaríades unha bola de plasti ou de papel arrugado.

Outra posibilidade sería facer unha árbore colorida coma estas outras, pero  pintando un cadro con elas. Neste caso, tedes que coller unha cartolina ou cartón fino e debuxar nel unha ou dúas árbores con esta forma. Despois podedes pintalas de cores, enchelas con cachiños de papeliños  ou pegar papel hixiénico arrugado (que despois pintaredes). Na punta das pólas facede boliñas de papel de cores ou de revista e quedará moi ben.







MATES: REPARTINDO...

Hoxe imos xogar a repartir. Ides coller tódalas cousas que teñades a man: xoguetes, bolas, tapas, pinzas... O primeiro é escoller unha cantidade. A que queirades. Podedes empezar por xogar con 6  e despois ir collendo máis cousas. 
Agora poñede 3 platos ou caixas nunha mesa. Comezade a repartir as cousas que tedes entre os recipientes que tedes, poñendo o que queirades en cada un. Tamén podedes mover as pezas de sitio para ver máis combinacións.
Os maiores podedes ir  debuxando o repartido nun papel. Se non queredes debuxar os obxectos, podedes representalos con bolas.
Cando rematedes podedes elixir outra cantidade e volver empezar.





CONTO: A LENDA DO BAOBAB






XOGO EN INGLÉS: ANIMALS 

Ningún comentario:

Publicar un comentario