venres, 24 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O SÁBADO 25 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN       DÍA 39

Chega a fin de semana, tempiño de máis propostas en familia. Aquí van as de hoxe.



AUTORRETRATO NO ESPELLO

Precisades un modelo (alguén da familia) unhas témperas, un pincel (ou o dedo) e un espello. O modelo colócase diante do espello. Tedes que completar no espello o seu retrato. Podedes poñerlle bigote, pelo diferente, sombreiro, gafas, pendentes, unha coroa…Todo o que queirades. Cando estea completo facedes unha foto e listo...
Xa podedes mudar os papeis e volver empezar. Podedes usar varias cores e retratar a toda a familia. Cando rematedes haberá que limpar ben todo.


O XOGO DOS CONTOS
Levamos toda a semana escoitando estupendos contos. Se estuvestes atentos, seredes quen de facer este xogo.




GRAFO E XOGOS DE MESA EN FAMILIA

Precisades uns cachos de papel de cociña, uns rotuladores e un dado. 
Primeiro tedes que observar o papel a ver que figuriñas ou trazos teñen marcados. Na vosa quenda tedes que pintar tantos puntiños de cores como saian no dado. Cada participante ten que ir formando unha figura ou unha liña ata completala. Gaña o que máis figuras complete ou o que acabe antes se facedes unha competición. 
Cando rematedes se tedes gañas, buscade os xogos de mesa que tedes na casa para seguir xogando xuntos. Ou repetide algún dos que xa fixemos. Por exemplo, a baralla española ou o tres en raia.






AUDICIÓN MUSICAL CON PELUCHES

Ningún comentario:

Publicar un comentario