xoves, 30 de abril de 2020

FIN DE SEMANA LONGO

DIARIO DE NAVEGACIÓN DÍAS 45. 46 E 47

O noso barco descansa a fin de semana amarrado no porto de Cidade de Praia, en Cabo Verde. Imos aproveitar  esas horas nas que podemos baixar á terra para gozar das paisaxes  e respirar unha atmósfera diferente.
Nós estivemos aí acompañándovos todo este tempo de luns a domingo. Tódolos sábados e domingos démosvos ideas para pasar o tempo e desfrutar en familia. Ímolo seguir facendo, pero cambiando un pouquiño o ritmo e a forma; para ir adaptándonos a unhas necesidades diferentes e uns horarios máis relaxados (en canto o confinamento).

Non ides estar sos, deixámosvos unha presentación con suxestións de lecer... música, teatro, ideas en familia.  (Quedará tamén na pestana superior). 
Tedes tamén tódalas propostas de xogo en familia, xogos de mesa e demáis que fixemos todo este tempo. Seguro que hai moitas cousas que non probastes. E seguro que vós teredes outro mundo de ideas. 
Seguide desfrutando e facendo cousas xuntos. E se queredes seguir contándonos as cousas interesantes que facedes, adiante...!
O luns o noso barco zarpa de novo cara a outros portos, ...non cheguedes tarde! Embarcade lixeiriños; xa sabedes que os nosos capitáns non esperan!




Ningún comentario:

Publicar un comentario