luns, 27 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O LUNS 27 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN          DÍA 41

Deixamos as fermosas illas Canarias e zarpamos  de novo. O ceo é azul e a luz  intensa. Frente a nós esténdese ÁFRICA. Notades o arrecendo? Que é o que cheira tan forte? 
OLLADE O QUE LEVAMOS Á PROA! Non vos lembra a algo esta chalana?  Non sei que outro barco semella... Ji ji!



A ver quen dá a solución correcta?


CHEIRA BEN OU... FEDE?
O primeiro é practicar. Entrenar o nariz é moi importante para un capitán e non digamos para o cociñeiro. Facede unha busca do tesouro pola casa escollendo  cousas que teñan un  cheiro forte ...limóns, prixel (se vivides nunha casa), loureiro, menta, xabrón, pasta de dentes, ... Escollede tamén cousas que non vos agraden.
Xuntade todo nunha mesa e adicade un bo cacho a cheirar ben cada cousa. Mirade ben o que é. Este xogo vai ter unha segunda parte. Cando toque facela, teredes que coñecer ben todos estes cheiros;  asi que estade moi atentos!.
 Agora debuxade nunha metade dunha folla as cousan que ulen ben e na outra as que feden ou teñen un cheiro que nos vos gusta.


DOMINÓ MOLÓN
Imos facer hoxe outro xogo matemático para xogar moitos días. Ao mellor xa tedes algún na casa (o tradicional, de personaxes de contos,...). Este vai ser especial.
Collede un cartón de cereais ou dunha caixa calquera, se queredes que vos dure máis. Tamén podedes facelo en papel. 
Cortade unhas pezas rectangulares e dividídeas en dúas partes. En cada lado teredes que debuxar ou pegar os debuxos do tema que escolledes (figuras sinxelas; formas xeométricas,...o que queirades). Se colledes 4 debuxos distintos teredes que facer 4 pezas dobles e 3 para cada combinación. Cada debuxo ten que combinarse con tódolos outros. En total 16. Como é moito choio, podedes comezar hoxe e xa acabaredes outro día.


4 juegos infantiles caseros - Pequeocio






ESCOITO E VEXO
Esta música de Saint Saens acáenos moi ben nesta viaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario