luns, 6 de febreiro de 2017

OS REIS TROUXERÓNNOS ...

Os Reis Magos non  podían esquecer a clase de cinco anos, por iso á volta das vacacións atopamos dous paquetiños na nosa asamblea.
Un xogo de pesca e unha maleta de pezas imantadas, que nos serve para traballar unha morea de cousiñas, para  rir a esgalla e para divertirnos aprendendo, que diso se trata.
Tamén falamos dos nosos regalos e eleximos un, o favorito, para debuxalo e pegalo nunha caixa xigante que adornase o noso corredor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario