xoves, 23 de abril de 2015

O VERMIÑO LECTOR

Tanto nos gusta ler na aula de 4 anos que ata os vermes se contaxian desa febre lectora.  Como xa vos contarían os nenos e nenas, despois da Semana Santa chegaron á nosa aula os ovos que a finais de xuño puxeran as bolboretas dos vermes de seda que tiñamos en 3 anos. Chegaron silandeiros dende o seu retiro invernal e tan pechadiños estaban que alí semellaba non haber ninguén. Os primeiros días mirabamos curiosos coa lupa a ver se ía nacendo algún vermiño...e nada! Ata que de súpeto alguén berrou.  -ei, ollade onde está!... e, sí! aí estaba un dos primeiros vermiños! Nunha folla de moreira que lle tiñamos preparada? Nooon! O primeiro que quería facer o vermiño antes de nada era ler un bó libro.!
















1 comentario:

  1. Ese 'vermiño lector' vai encaixar perfectamente na aula de 4 anos! Que se prepare ;-P

    ResponderEliminar