mércores, 25 de marzo de 2015

CONTACONTOS PARA TODO INFANTIL

Este trimestre foi un contacontos de fora- por cortesía da Editorial Anaya- o que aproveitamos para que forme parte da nosa actividade de animación lectora "Contamos Moito". O medo é un tema recurrente nas aulas de infantil -"nunhas" mais que noutras do que é moi importante falar e para o que hai que ir traballando diferentes estratexias tanto no cole como na casa. Augusta, a protagonista de "Augusta é os seus medos" enfréntase a eles coa valiosa axuda dos seus pais. Nós non tivemos medo no conto e desfrutamos un mundo coa posta en escea de Iago  a quen xa coñeciamos daqueloutro arrepiante conto "O home do saco" que nos contara no nadal. A semana pasada cando nos chamou para ir á biblioteca despois de que llo contase aos de primeiro,  escoitamos o conto, seguimos ás súas ordes, berramos cando nos mandaron...todo para poñernos na pel de Augusta...e abofé que o pasamos moi ben. 

4 comentarios:

  1. Sus caras de asombro hablan por si solas!

    ResponderEliminar
  2. Sempre é bo falar dos nosos medos, inda que o meu pequerrecho di que 'el é moi valiente e non lle ten medo a nada' ;-P

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ese é un problema normal nestas idades e que estamos traballando na clase, ainda que son teimudos en non querer recoñecer os perigos reais. De calquera xeito presumen moito , pero ás veces venlle as orellas ao lobo onde menos o esperan.

      Eliminar
    2. Totalmente dacordo, sobre todo no meu caso ;-)

      Eliminar