sábado, 8 de novembro de 2014

NOMES MONSTRUOSOS

Na semana de Samaín o noso monstro Tufo fíxonos un agasallo moi especial. Para que nos afagamos a ver o noso nome con distintos tipos de letra ( ainda que todas maiúsculas) e traballar ben a percepción do ollo, mandounos un paquete bastante pesado que o principio non nos atreviamos a abrir. Menos mal que Mikel é un valente e tomou  a iniciativa...os demais non as tiñan todas consigo. Cando por fin foi quen de abrilo descubrimos os nosos nomes feitos con letras monstrosas que nos emocionaron moito. Mirade! a ver se sodes quen de lelos...!


1 comentario:

  1. ¡¡Moito lle gustou ó meu neno recibir o seu nome 'monstruoso'!! Grazas Tufo!

    ResponderEliminar