domingo, 6 de abril de 2014

DA SEMANA DA TROULA AO ENTROIDO

Canto tempo pasou dende a nosa última entrada! Se xa se nos acabou este segundo trimestre! É que, con tanto rapaciño querendo falar e aprender unha chea de cousas, non damos feito e non temos case tempo de facer fotos e tampouco de colgalas. Imos ver se  somos quen de poñernos un pouco ao día.


Nos meses de febreiro e marzo, mes que vimos de rematar estivemos moi atarefados ainda que no blog non se reflectira tanta actividade. Imos tratar nun repasiño rápido de ensinarvo-las cousas que fixemos...bueno só das que temos fotos.
Comezamos coa Semana da Troula na que como ben sabedes disfrazámonos ao longo da semana coas cousas que trouxemos da casa. (Lembrade sempre que cando vos pedimos algo para traer a aula,  non tedes que mercar nada!)







Na aula apurabamos eses días o tempo para ter listo o noso disfraz de xoaniña. Como desfrutamos con este proxecto e cantas cousas aprendemos das xoaniñas e o seu papel na natureza!. A folla de verza que levabamos ten que ver co Proxecto Documental Integrado de “Cultivos tradicionais na horta familiar”. Este é o vindeiro traballo no que nos imos meter ao tempo que seguimos xogando a ser piratas. Pero deso xa falaremos mais adiante...

As fotos do entroido están todas no outro blogue do cole Fonte dos Frades así que non as imos poñer aquí outra vez. 

1 comentario:

  1. ¡Felices coma perdices! ¡Qué ben o pasan e cánto aprenden! :-)

    ResponderEliminar