sábado, 25 de xaneiro de 2014

CONTAMOS MOITO INTERCICLO NA FIN DO 1º TRIMESTRE

Homiño de mazapán


Antes de acaba-lo primeiro trimestre vimos de ser nós os nenos e nenas de infantil quen invitou aos de primeiro ciclo de Primaria a escoitar un conto contado por Paloma. O conto "O homiño de mazapan", ademais da boa lectura da profe que nos tivo pendente de toda a trama, tamén incluiu unha degustación deste doce de nadal que apareceu máxicamente no forno da avóa. Bueno, máxicamente coa axuda da profe Malena, quen tivo que botar man dos seus famosos "pós máxicos", eses que sempre leva agochados nos seus petos.

Ollade como desfrutamos todos xuntos cos antigos compañeiros de infantil.



1 comentario:

  1. As actividades conxuntas entre diferentes cursos resultan verdadeiramente enriquecedoras para todos os nenos. E neste caso, xuntando ós meus dous cativos a emoción na casa está asegurada para varios días ^_^

    ResponderEliminar