martes, 15 de outubro de 2013

COMPARTIMOS APRENDIZAXES E LECTURAS

Vimos de empezar o curso e xa estamos compartindo cousas. Os nenos de 4 atoparon un esquelete unha mañá ao chegar ao cole e enseguida viñeron contarnos quen era. Era Anacleto -dixéronnos- pero nós que somos novos nestas cousas non puidemos mais que poñer caras de asombro. Aqui vedes como nolo presentaron .




Días despois compartimos unha experiencia coas uvas que xa vos contaremos e tamén viñeron contarnos o primeiro conto que traballaron:  LÚA. Mentres a profe ía pasando as páxinas eles narraron todos xuntos o conto. Gustounos tanto que nolo emprestaron para que o disfrutasemos e agora nós tamen  temos aprendido a lelo.





Queredes ver como é?. Non vos preocupedes. Estades todos invitados a ver e escoitar este fermoso conto que con moito agarimo fixeron os nenos e nenas de 4 anos.




1 comentario:

  1. Unha vez máis, comezamos o curso coas pilas ven cargadas! Estes de 3 anos prometen! ;-)

    ResponderEliminar