luns, 4 de marzo de 2013

PROXECTO DRAGONS

Como os pais de cinco xa sabedes mentres Terri non volve de China témonos embarcado nun novo proxecto sobre dragóns. A culpa foi súa, coma sempre, xa que alá no pais oriental fixo un amigo e como non! o seu novo amigo é un dragón que vive alí na muralla. 
Asi que a nós entrounos moita gana de saber mais cousas sobre os dragóns e mesmo sobre os dragóns chinos.
Cando nos puxemos a falar descobrimos que xa sabiamos moitas cousas do tema, ainda que tamén temos cousas que podemos investigar.
O noso recuncho de dragóns está agora medrando con contos e cousas  que están chegando dende as vosas casas e que seguro  nos axudarán a aprender moito.


De momento deixovos algunha foto de  como vai empezando o noso novo traballo.

PREMEDE AQUI

1 comentario:

  1. E agora, toca 'Dragóns'... ¡É que os pais nunca sabemos por onde ides sair! Abraiante ;-)

    ResponderEliminar