luns, 4 de xuño de 2012

A NOSA PRIMEIRA BOLBORETA

Estabamos desexando todos estes días que houbera algunha novidade. A maioría dos vermes fixeran casulo e so quedaba un pequeniño que na fin de semana tamén o fixo; pero oh, sorpresa!. Cando abrimos a caixa hoxe luns atopámonos coa primeira bolboreta. Que emoción!


 Como o primeiro verme que fixera casulo fora o de Mariama, ésta ten que ser a súa bolboreta...asi que hoxe presentámosvos a HELLO KITTY (que foi o nome que lle dera ela ó seu verme.


Ningún comentario:

Publicar un comentario