mércores, 19 de outubro de 2011

ESTELA TAMÉN RECIBE A VISITA DE TERRI

O luns 17 tivemos outra sorpresa. Estela contounos que Terri lle deixara unha nota na súa casa. ¡ Seica as fins de semana anda moi atarefado! 
Xa que estaba alí fixo a trastada de comerlle unhas gominolas, cousa que a Estela non lle fixo ningunha gracia. Menos mal que na nota lle prometía que outro día lle deixaría unha sorpresiña... E dito e feito...hoxe mesmo deixoulle na nosa clase un debuxo dun corazón que non puiden fotografar porque ela se deu moita presa en metelo na mochila para que ninguen llo levase.







1 comentario:

  1. A verdade é que a pobre tódolos días buscaba algunha nota de Terri na casa... ata que o final a atopou, claro! ;-)

    ResponderEliminar