martes, 9 de novembro de 2010

A primeira mora!

Benvidos! Comezamos unha nova andadura no noso cole, en concreto na biblioteca, na que faremos moitas cousas para aprender e divertirnos. Os nosos compañeiros nesta aventura serán Tica, coñecida xa no cole, que estivo de viaxe e que chegou cun novo amigo, O Verme Guillerme. Con eles disfrutaremos de peripecias marabillosas e fantásticas, queredes seguirnos? pois mirade, mirade...

4 comentarios:

  1. Os blogs aliméntanse de comentarios e este merece ser comentado. Paréceme unha idea xenial que as actividades dos nosos fillos teñan un lugar común onde podamos participar tamén os pais, xa que iso nos axuda a manternos o día. Seguide así.

    ResponderEliminar
  2. Gracias polos teus ánimos, Xulio. Pretendemos ir compartindo con todos vos as pequenas vivencias dos vosos fillos no cole.

    ResponderEliminar
  3. Noraboa por esta xenial iniciativa; gracias por esforzarvos en achegardes ´@s pais/nais o voso traballo c@s pequerrech@s; e moito ánimo para seguir dándonos envexa da sorte que ten o noso fillo Bruno ó formarse con vos.

    Se decidides implicar ´@s pais/nais máis alá do seguimento deste blog, contade con nós. Encantaríanos!

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas Cándido polos teus ánimos. Da gusto ver que os nosos esforzos para que os nenos disfruten da súa aprendizaxe son recoñecidos e compartidos por todos vós. Recollemos o teu ofrecemento. Xa sabes que estamos abertos a proxectos interesantes para os nenos.

    ResponderEliminar