luns, 4 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O MARTES 5 DE MAIO

DIARIO DE NAVEGACIÓN              DÍA 49

Zarpamos coa bodega chea. Mentres navegamos cara o sur, imos sinalar no noso caderno de bitácora a posición das illas de Cabo Verde.
Ollade o mapa das illas e  no mapa grande repasade co dedo o noso percorrido. Deixamos un mapa mudo por se alguén lle apetece poñer as palabras das paradas que fixemos ata agora.








UN MAR DE PEIXES
Seguimos navegando polo Atlántico.Que bonito mírase o mar neste precioso día. As augas están cheas de peixes que cáseque nos veñen á man. 
Collede pintura. Imos facer animaliños coas nosas pisadas  das mans, e dos pés se vos atrevedes!, e convertilas en peixes e outros animais. Aqui temos algunhas ideas.



 



Se non queredes pintar, temos outras dúas ideas. Convertide un vello cd nun estupendo peixe. Tamén podedes coller papel e seguir as instrucións para outro modelo de peixe.



De todos os que fagades, reservade un para a folla do  libro que hoxe estamos a facer.

Collede unha folla. Colocádea no sentido que sempre poñedes para o noso libro. Se escolledes o cangrexo ou a estrela podedes pegar como fondo café moído (ou borras secas) pan raiado ou area. Colocades o animal escollido por riba e facedes a tira de papel co seu nome para pegar.
Se escolledes un peixe, podedes poñer cachiños de papel ou tiriñas de plástico como se fosen algas ou aproveitar a facer un fondo como o da foto. Tamén despois teredes que pegar a palabra peixe na vosa folla.



DESPRAZAMENTOS CON DADOS
Xogamos no corredor da nosa casa. Lanzamos un dado e facemos desprazamentos entre dous puntos que marquedes da seguinte maneira:
-Se sae o 1: a pata coxa.
-Se sae o 2: a 4 patas.
- Se sae 3: Saltos cos pes xuntos.
- Se sae 4:  arrastrándose coma serpes.
- Se sae 5: de pé ó revés coma os cangrexos.
- Se sae 6: con pasos curtos como formigas
Xa sabedes que se non tedes dado podedes usar unha bolsiña con papel cos números ou puntos.
Os maiores podedes facer unha segunda volta engadindo 2 á tirada do dado. Neste caso poñede a imaxinación a traballar e inventade as consignas que faredes se chegades a 7 e 8.
Por exemplo, sae 5 engadímoslle 2 e para ese novo numero desprazámonos sentados. Os máis valentes podedes xogar a engadir máis cantidades


EXPERIMENTO CON XEO
Propoñémosvos un novo experimento. Se queredes facelo tedes as instrucións AQUI


E para descansar de tanto traballo un
CONTO:   QUE LLE PASA AO PLANETA?


Ningún comentario:

Publicar un comentario