Xa non aturamos máis. Hai que baixar a
explorar esta costa. TIMONEL, VIRE A BABOR A MODIÑO!. Imos arrimarnos o máis que poidamos á praía. Que dunas máis fermosas! Cantas cousas para mirar na area! Por certo, sabedes o que é unha duna?
Está preparada a barca para achegarnos ata a beira?. Non fagades ruido, semella que non hai leóns agora na praia... Mirade que pisadas na area. Collede as lupas. De quen poderán ser?
Agardade, non podemos
baixar con estes pelos!
IMOS Á PERRUQUERÍA
Apetécevos? Pois imos aló. Para facer este
xogo precisamos tubos de papel hixiénico, papeis variados (xornais, revistas ou
calquera que teñades pola casa), pegamento e tesoiras.
Imos crear os clientes para a nosa
perruquería, para iso temos que enrolar varios papeis e pegalos pola beira do tubo
de papel hixiénico. Debuxamos unha cara no tubo e...veña!... a facerlle un peiteado que
lles guste!. Ánimo perruqueiros!
Tamén podedes facer o propio pelo co tubo de
cartón, pero é máis duro para cortar.
CREMA SOLAR E CANTIMPLORA
Se vos sobra un tubo de papel de cociña, podedes pechalo por un dos lados. Despois, pintádeo de branco (ou a cor que queirades) e debuxádelle un sol con outra cor. Na parte aberta teredes que pegar un papel que faga de tapa. Tamén podedes pegarlle o tubo debuxado e coloreado nun papel aparte.
Para a cantimplora será suficiente que a debuxedes e pintedes. Cando rematedes pegádea nun cartonciño fino para que aguante mellor e colocádea xunto co tubo na maletiña de explorador que estabamos preparando. Lembrade que xa tiñamos feita a lupa. Hoxe non podemos desembarcar sen ningunha das tres cousas.
MATES: TENDAL DE CANTIDADES
Colledes uns cadrados de papel e debuxades
puntos: un, dous tres, catro, cinco, ...parades cando queirades. Cantos máis
fagades, máis vos entretedes.
Despois, remexede os papeliños todos e nunha
corda (ou nun sitio no que os poidades suxeitar con pinzas) ide facendo o voso
tendal de cantidades.
Podedes ir colgándoos de menos a máis, ou de máis
a menos.
Tamén podedes colgalos desordenados e ir
acomodando despois á orde correcta.
Os maiores podedes pegarlle por detrás o número e xogar unha vez a ordenar cos pnntos e nunha segunda quenda a ordenar números. E mesmo combinar números e puntos!.
Os maiores podedes pegarlle por detrás o número e xogar unha vez a ordenar cos pnntos e nunha segunda quenda a ordenar números. E mesmo combinar números e puntos!.
OS SONS DA NATUREZA
Ningún comentario:
Publicar un comentario