Alonxámonos das costas de Namibia e xa estamos doblando o cabo de Boa Esperanza.
Aquí case remata a expedición de Elcano porque este é un punto moi perigoso. El foi quen de doblalo coa súa Nao Victoria e nós imos pasar tamén sen problema!.
Aínda así agarrádevos en cuberta porque o barco vai bailar un pouquiño.
AS PALABRAS DO NAMIB
Entre os xogos que vos fixemos do Namib, había un de palabras co que podedes aprender a recoñecer os nomes dos animais deste deserto.
Agora collede esta folla que temos aquí e buscade que letras do Namib repítense nos nomes dos animais. Non é preciso que imprimades a folla. Os maiores poden copiala. As letras da palabra Namib teñen cadansúa cor. Cando as descubrades nas outras palabras deberedes pintalas por dentro desa cor. (Nós non as pintamos por dentro para que non gastedes tinta, se é que alguén decide imprimir ao final.)
Os maiores, se tedes animaliños de xoguete ou os que fixemos para o deserto, podedes tamén colocalos enriba do seu nome.
TÉCNICA DO FROTADO
No Cabo, en Sudáfrica, onde está o Cabo de Boa Esperanza que estamos atravesando, a paisaxe é moi fermosa, cunha chea de flores especiais alí. A nosa paisaxe tamén é moi fermosa: Imos coñecer a textura ou relevo dalgúns obxectos, entre eles os naturais. Podemos aproveitar os nosos paseos para recoller algunhas flores, pedras, follas, póliñas...como xa fixemos outros días.
Precisamos un folio, ceras de cores e os obxectos cos que vaiamos xogar; é preciso que teñan algo de relevo. Poden ser follas, moedas, troncos de árbore, unha superficie rugosa…
Primeiro temos que colocar o folio sobre o obxecto e despois frotar sobre el coas ceras.
QUE PESA MÁIS
Imos facer unha balanza caseira. Colledes unha percha, atades uns fíos de lá nuns platos a cada banda da percha.
Procurade pola casa cousas que vos parezan pesadas e outras lixeiras. Poñédeas na vosa balanza e apuntade os resultados cun debuxo ou con palabras.
Probade os animaliños de xoguete que teñades.
Tamén podedes coller pezas de madeira iguais e probade que cantidades pesan máis cas outras.
Este é un xogo co que vos podedes entreter varios días.
CANCIÓNS DE MANS E DEDOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario