luns, 11 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O MARTES 12 DE MAIO

DIARIO DE NAVEGACIÓN....DÍA 55

Lembrades esas pisadas que onte vimos na area? Semellaban  ser dun grande animal. Seguíndoas, mirade o que atopamos no fondo da praia!. E eu que pensei, cando  mirei esas manchas dende o barco, que eran pedras negras! 
Son leóns mariños! Vos sabiades que vivian na costa dos esqueletes? Ten que haber  moitos peixes, por aquí!




 Este león semella que nos quere dicir algo! Será algo sobre as leoas que agardan no outro extremo da praia?
Atrevédesvos a debuxar este león mariño? e axudádelle a escapar! 


MALETA DE EXPLORADOR: GAFAS DE SOL
Xa sabedes que no deserto e na praia é importante levar gafas de sol. Imos facer unhas. 
Collede un tubo de papel  hixiénico e cortade dous aros. Un terceiro ariño cortado pode servir para xuntar os outros dous. Agora xa falta só poñer dúas tiriñas de cartón que fagan de patillas e darlle a forma para que poidan enganchar nas orellas.
Tamén podemos facer as gafas cunha caixa de ovos (con dous ocos) e suxeitar cun pauciño o cartón doblado. 
Deixamos unhas plantillas de gafas por se alguén quere copialas, pintalas, pegalas en cartón fino e poñerlle as patillas de cartón.
Cando as teñades, unha cousa máis á maleta de explorador.




FAME DE PALABRAS: LETRAS GALEGAS
Neste mes das Letras Galegas facémosvos unha proposición. Non é para mañá. Podédelo tomar con calma. Collede un conto que vos guste en galego, dos que teñades na casa, ou dos que se contaron por aquí. Escollede unha palabra que veña dentro do libro...bonita ou non, longa, curta, musical, normal. A que queirades na nosa lingua galega e facede unha foto na que saia a portada do libro e un cartel coa palabra escollida. Podedes decorar o cartel se queredes. Podedes tamén facer un debuxo. Cando o teñades mandádenolo. Faremos unha montaxe para celebrar a distancia este 17 de maio.


EQUILIBRIOS TOLOS
Sabemos que as focas gozan facendo equilibrios co fociño. Os león mariños non sabemos. Pero vós seguro que tamen desfrutades con este xogo.
Precisades un envase de iogurt baleiro e limpo.
Tedes que acadar unha serie de retos: co vaso na cabeza sen que che caia o chan dar un paseo pola casa, sentarse no chan, levantarse, de pé levantar unha perna, andar sobre unha perna no chan á pata coxa,….


SERIES CON TAPAS
Imos facer matemáticas con tapas de rotus ou tapóns. Ou calquera material que teñades por aí.
Collede tapas de varias cores ou bolas e xogade a facer combinacións.





CANCIÓN
Que comen os león mariños? Polbos, peixes, peixes e peixes! Pois veña, imos darlles de comer.!





Ningún comentario:

Publicar un comentario