Outra vez leoas? pero que miran? Imos dar unha pasada co barco por diante desta costa!
Imos de sorpresa en sorpresa...pero que é eso que está na area?Un barco destrozado...haberá que ter coidado! Navegade a modiño. Mirade o mapa. Como se chama este sitio?
Imos facer cousas que van ir na nosa mochila de explorador. Lucas elaborou unha boa lista para todos. Ademaís destas cousas tan necesarias non podemos baixar a explorar sen unha boa lupa. Hoxe imos ocuparnos dela e se vos apetece tamén da gorra. Cando teñades a lupa lista podedes pegala con celo na primeira maletiña que fixeramos onte.
O CHAN QUE QUEIMA
Tedes que contruir un
camiño dun sitio a outro da casa sin tocar o chan. Podedes
usar as cadeiras, os coxíns, teas,... todo o que se vos ocurra.
CONTO: LEOTOLDA
Agora que xa escoitamos o conto temos que axudar aos amigos de Leotolda. Facede o debuxo...imos ver como a imaxinades.
Despois os maiores podedes descolgar uns fíos de cada letra e pescudar palabras que empecen polo seu nome...atrevédesvos?
Podería ser algo así...é para darvos unha idea non fai falta que o imprimades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario