martes, 19 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 20 DE MAIO

DIARIO DE NAVEGACIÓN             DÍA 63

Na nosa camiñata polo deserto (menos mal que levamos gafas, cantimplora,... ) non facemos máis que atopar animais. Mirade que foto fixen....  son as nosas amigas as xirafas! E de novo topamos ao Orix!



Toca seguir facendo animaliños para o noso deserto-minimundo


FACENDO COMEDORES DE HERBA

Que vos parece se poñemos máis comedores de herba, para que o elefante non estea soíño. Xa sabedes que polo Namib desfilan ademais de elefantes, xirafas, e orix, as cebras.
Podedes facelos coa mesma técnica do elefante:
- Debuxades a silueta da cebra: 2 círculos, un para a cabeza e outro para o corpo, orellinas pequenas, unha cola e dous buratos que serán as patas dianteiras. 
-A xirafa podedes facela igual pero cun pescozo longo entre os dous círculos e  manchas marróns. Ou  tamén un circulo e unha tira con pescozo e cabeza.
O orix sería como a cebra pero poñéndolle os longuísimos cornos e a cor marrón. Tedes arriba unha foto para que o vexades.





 Se queredes que aguanten de pe na caixa-deserto teredes que facelos con tubos de hixiénico ou xuntando dúas siluetas de cartolina ou carton fino cun cachiño de cartón coma os que vedes nas fotos. 
A xirafa leva un tubo de papel cociña e dous de hixiénico e outro cortado para o lombo. A cebra e mailo orix faríanse igual, pero máis baixiños, cada un coas súas cousiñas propias.

 

Esta silueta serviravos para calquera dos animaliños que elixades, adaptándoa un pouquiño se vo decidides polo  outro modelo. Lembrade que tedes que cortar dúas siluetas iguais.


XOGANDO COAS FORMAS NA MESA OU NO CHAN
Temos unha proposta para xogar coas formas que se pode facer de dous xeitos diferentes. 
Os que podedes pintar no chan ou pegar unhas tiras de cinta de cores ou de carrocero, facede este circuito de formas. Despois teredes que saltar dunha forma á outra, obedecendo as intrucións que damos. 
Para os que non podedes facelo no chan, témosvos preparado un taboleiro para xogar na mesa.
So tedes que copialo nunha folla (os maiores podedes debuxalo vos). Cando o teñades, collede un animaliño que teñades por casa e levádeo polo camiño que din as instruccións. Despois, podedes inventar vos outros camiños.

TABOLEIRO                                                                                      INSTRUCCIÓNS






Ata aqui as propostas de hoxe, agora....

LETRAS GALEGAS

Hoxe toca  escoller entre estas dúas escenas e debuxar a que queirades
1/O PAI DE RICARDO VISITÁBAO OS SABADOS E ABRAZÁBAO MOITÍSIMO.

2/RICARDO PASABA O DÍA MIRANDO O CURRO. MIRABA COMO AS PITAS ESCARABELLABAN NA TERRA BUSCANDO VERMES E MIÑOCAS PARA COMER.


APRENDO A BAILAR ROCK


Ningún comentario:

Publicar un comentario