venres, 29 de maio de 2026

DÍA DOS MUSEOS

O pasado 18 de Maio celebramos en Infantil o día dos museos co conto El Museo da autora Susan Verde. Aproveitamos tamén para representar a historia e as emocións que a protagonista ía sentindo, xogamos a identificalas con distintas caras de emocións e, por último, creamos a nosa propia obra de arte libremente. 



PROPOSTA MATEMÁTICAS NA CLASE DE 5 ANOS


Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas propostas que imos facendo no noso traballo diario.
Pezas de dominó, números, conxuntos, sumas, volumes...todo serve para prender sempre dunha forma lúdica. 




OBRADOIROS MATEMÁTICOS EN 5º DE INFANTIL.

 Os nenos e nenas de 5º de Infantil estivemos realizando diferentes obradoiros matemáticos ao longo deste curso. Deixámosvos unha mostra de como aprendemos xogando coas mates!!




venres, 15 de maio de 2026

DÍA DA FAMILIA



Con motivo do Día da Familia, os nenos e nenas de Infantil celebramos unha xornada moi especial arredor do conto Familia significa familia, da autora Melissa Marr.

A través desta fermosa historia, falamos dos distintos tipos de familias que existen: familias grandes, pequenas, numerosas, monoparentais, con avós, con irmáns, con mascotas… Descubrimos que cada familia é única e especial.

Despois da lectura, realizamos unha actividade na que cada neno e nena puido representar a súa propia familia, compartindo cos compañeiros e compañeiras como é e quen forma parte dela.

Entre todos e todas chegamos a unha conclusión moi importante: existen moitos tipos de familia, diferentes e variadas, pero o máis importante de todas elas é o amor que se comparte. 




xoves, 7 de maio de 2026

IMOS Ó TEATRO!


Os nenos e nenas de Infantil fixemos unha saída ao Teatro Afundación para asistir á representación da obra "Vuela Pluma", un fermoso espectáculo de títeres que nos fixo reflexionar sobre a importancia da liberdade, a amizade e o coidado da natureza.

Nesta historia coñecemos a un paxaro que vivía “feliz” na súa gaiola ata que, un día, tivo un soño… A porta abriuse e as súas ás levárono na procura doutros paxaros coma el. Ao longo da aventura, fomos descubrindo valores tan importantes como o respecto pola verdadeira natureza dos seres vivos, a importancia de axudarnos uns aos outros e a necesidade de perseguir os nosos soños.

Deixámosvos algunhas imaxes desta bonita saída!!