AUTORRETRATO
NO ESPELLO
Precisades un modelo (alguén da familia) unhas témperas, un pincel (ou o dedo) e un espello. O modelo colócase diante do espello. Tedes que completar no espello o seu retrato. Podedes poñerlle bigote, pelo diferente, sombreiro, gafas, pendentes, unha coroa…Todo o que queirades. Cando estea completo facedes unha foto e listo...
Xa podedes mudar os papeis e volver empezar. Podedes usar varias cores e retratar a toda a familia. Cando rematedes haberá que limpar ben todo.

MÉMORY
FOTOGRÁFICO
Seguro que tedes algunhas fotos da familia de agora, ou doutros tempos. Collede dúas fotos de cada membro da familia que queirades (van ser distintas claro), baralládeas e colocádeas boca abaixo. Tedes que xogar coma nos mémorys, destapando dúas de cada vez e tentando adiviñar por quendas onde están as parellas. Podedes comezar con 2 ou 3 parellas e aumentar a dificultade canto queirades.
De paso, podedes falar e lembrar as persoas ou as situacións que evocan esas fotos e aproveitar para "desenpolvar" moitos recordos.

MONSTROS
DE PINTURA CON PALLIÑAS
Pintamos cunha palliña introducindo nun
extremo un pouco de pintura líquida e soplamos despaciño para expandir a
pintura e crear monstros coma éste.
POMPAS E PALLIÑAS
ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO
PINTURA CON VAPORIZADOR
EXPLOSIÓN
DE CORES
Este é un experimento que non estamos seguros
de que poidades facer. É posible que non teñades os ingredientes. Os que
poidades fenomenal, ós demáis xa o faremos cando volvamos ao cole.
AQUI
AQUI
PINTAMOS
CON CANICAS
Poñedes un folio no fondo da tapa dunha
caixa (mellor se é un pouquiño fonda). Vertedes un pouco de pintura de varias
cores (ou mollades o que vaiades usar na pintura). Colledes unhas canicas,
ou unhas landras que quedaran do outono, unhas pedriñas redondas, …algo
que rode. Movedes suavemente a caixa coma se fose un barco abaneado polo vento
e... a ver que debuxo tan chulos vos sae!. Cando queirades podedes cambiar a
folla e facer outro superdebuxo.
REESCRIBINDO
A KANDINSKY
Propómosvos xogar coas formas e facer con
outros materiais a mesma composición deste cadro de Kandinsky. Pero non podemos
usar pintura e pinceis. Tedes que ir á caza do tesouro pola casa á procura
de cousas circulares ou similares. O resto xa non volo contamos, tócavos a vos.
DIVERTÍNDONOS:
DEBUXOS MÁXICOS
Precisamos papel de cociña, tesoiras,
rotuladores, auga e dous recipientes. Un para botar a auga e outro para ir
apartando os restos mollados.
Collemos un cacho de papel de cociña e
cortámolo a metade. Dobrámolo, quedándonos así dúas capas, coma se fose un
libriño. Pintamos na primeira capa o que queiramos, e rematamos o noso debuxo
na seguinte capa. Dobrámolo de novo, de maneira que so se vexa o debuxo da
primeira capa, metémolo na auga e... tachán!!! Complétase o debuxo.
Podedes aproveitar a facer algún debuxo
"mariño". Na primeira capa podedes debuxar as ondas do mar e na
segunda outros detalliños (barco, paxaros, peixes). Para que probedes, xa vos
demos moitas pistas. Agora como bos capitáns, botade a imaxinación a nadar!
XOGANDO
COA AUGA ....PINTANDO CON XEO
Imos seguir traballando coa auga...Que pasa
cando metemos o dedo nela?, que sentimos? Tocádea ben antes de facer este traballiño
porque imos ver como cambia. Contádelle a vosa familia como está...quente,
fría, mollada, seca, podedes agarrala cos dedos?
Agora imos facer o resto do traballo:
Primeiro precisamos facer o xeo de cor. Para
iso, tinguimos a auga con colorante alimenticio ou témpera de cor. Temos que
botar abundante cor para que cando os nenos/as vaian a pintar se noten ben os
trazos. Botamos a auga con cor nas cubiteras ou recipiente no que vaiamos a
facer o xeo e metémolo ao conxelador. Se queremos que a manipulación á hora de
pintar lle sexa máis doada, podemos poñer uns paus, pinzas ou similar.
Despois dunhas horas xa poderedes facer as
vosas obras de arte. E non esquezades mirar que pasou coa auga? como está,
agora? E despois de pensar... Veña xa podedes pintar!
IMITANDO
UNHA OBRA DE ARTE
Investigade un pouco que cadros famosos, ou
non tanto, hai no mundo da arte. Escollede unha obra de arte pictórica que vos
guste. Imos estudiala un pouco… cómo se chama? Que aparece nela? Quen a pintou?
Que vemos; obxectos, persoas, formas, cores…?
Ben, agora que a observastes imos tratar de
imitala, cos recursos que teñades pola casa. Podedes imitala vos, reproducila
con obxectos ou xoguetes… o que se vos ocorra.
Poñémosvos algúns exemplos para que se entenda
mellor. Animádevos a facer unha foto e compartila connosco! Non é preciso
que enviedes o cadro orixinal. Decídenos so que cadro é.
Ningún comentario:
Publicar un comentario