luns, 6 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O MARTES 7 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN   DIA 21

Continuando cos nosos preparativos, imos completar unha cousiña máis das que necesitamos para a viaxe. A áncora que fixemos non ten cadea para suxeitala ao barco. Iso vai ser un problema moi grande. Temos que solucionalo; así que imos ó choio.

CADEA PARA ÁNCORA
Collede papel  ou cartón fino, que se doble fácil, e decorádeo como queirades. Servirían tubos de papel hixiénico ou cociña, aínda que son un pouquiño duros de recortar.
Despois de decoralo tedes que recortar unhas tiras rectangulares, non demasiado estreitas. Pegade a primeira  para que quede coma un anel. A partir de aí ides metendo cada tira no anel  anterior  e pechádela tamén  facendo outro anel (que xa está dentro do primeiro). Seguides así ata que teñades unha cadea tan longa como vos guste.
O último paso será coller a áncora que fixéstedes o outro día e enganchala á cadea. Deixamos o enlace á proposta do xoves 2 de abril para os que non a fixestes.





EQUILIBRIOS MARIÑEIROS

Imos poñer a proba o voso equilibrio. Camiñar pola cuberta ás veces vai ser moi dificil. Cando a tempestade tira con todo no noso barco, hai que camiñar en medio de moitos atrancos. 
Poñede unhas cantas cousas no chan...coxíns ou o que teñades por aí que poda servir de obstáculo e collede tamén as boliñas que fixestes para o xogo de soplar.  Podedes facer máis se queredes.
Tedes que  facer un percorrido  levándoas sobre as mans sen que vos caian, sorteando os atrancos. Despois probades a suxeitalas cos pés e intentar completar o percorrido.

7 zonas de los pies que reflejan si estás sana o no | Salud180



Ata aquí as probas do capitán.


Agora,            ....XOGOS DE PEIRAO E CUBERTA

REESCRIBINDO A KANDINSKY
Propómosvos xogar coas formas e facer con outros materiais a mesma composición deste cadro de Kandinsky. Pero non podemos usar pintura e pinceis. Tedes que ir á caza do tesouro pola casa á procura de cousas circulares ou similares. O resto xa non volo contamos, tócavos a vos.



UN CONTO PARA escoitar mentres mirades o amencer ou as estrelas na cuberta


Ningún comentario:

Publicar un comentario