xoves, 16 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O VENRES 17 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN     DÍA 31

Xa vimos o fondo do mar das Cies. Non podemos marchar sen pisar terra. Agora que xa estamos descansadiños, podémolo facer.
Capitáns, baixade as cámaras de fotos, seguro que vemos cousas interesantes!. 



Unha voltiña polas illas e mirade que fotos fixen...




Fixádevos ben nelas e a ver quen é quen de debuxar un destes dous paxaros?


CONSTRUINDO XOGOS
Hoxe imos comezar dous enredos máis, deses moitos que imos facer. Estes, duraránnos varios días. Un deles é un libro sobre o mar.  Outro un xogo de peixes. Así que temos que comezar...

1º/Imos buscar pola casa cousiñas con diferentes formas (obxectos da casa,  xoguetes, pezas...). Que non sexan demasiado pequenas as cousas que colledes. Cando as teñades podedes xogar un cacho ao "vexo, vexo. que ves?" dicindo a cor ou a forma. Despois os maiores de 5  podedes escribir algúns dos nomes desas cousas nunha folla. 

2º/ Esas formas van servirnos para face-los peixes. Escollede aqueles que vos permitan facer peixes de polo menos 9 cms. Mirade a ver como os ides converter neles. Trazade as formas que queirades nunha folla e engadídelle os detalles para que pareza un peixe. Despois pegádeos nun cartón fino.
Se os decorades, deixade un pouco de sitio para poñerlle un número. Aínda que iso farémolo outro día.
 Facede tódolos que queirades. Imos precisar bastantes. (pero non hai que facelos todos hoxe).
Tamén precisaremos unha estrela de mar.
Deixamos un exemplo dificil, vós facede os máis doados. Tamén un modelo de estrela.




XOGANDO COA AUGA ....PINTANDO CON XEO
Imos seguir traballando coa auga...Que pasa cando metemos o dedo nela?, que sentimos? Tocádea ben antes de facer este traballiño porque imos ver como cambia. Contádelle a vosa familia como está...quente, fría, mollada, seca, podedes agarrala cos dedos?

Agora imos facer o resto do traballo:
Primeiro precisamos facer o xeo de cor. Para iso, tinguimos a auga con colorante alimenticio ou témpera de cor. Temos que botar abundante cor para que cando os nenos/as vaian a pintar se noten ben os trazos. Botamos a auga con cor nas cubiteras ou recipiente no que vaiamos a facer o xeo e metémolo ao conxelador. Se queremos que a manipulación á hora de pintar lle sexa máis doada, podemos poñer uns paus, pinzas ou similar.

Despois dunhas horas xa poderedes facer as vosas obras de arte. E non esquezades mirar que pasou coa auga? como está, agora? E despois de pensar... Veña xa podedes pintar!

 




MÚSICA E RITMO

Ningún comentario:

Publicar un comentario